Santiago: conferencia de Miguel Anxo Murado
Versos e aloumiños, de Antonio García Teijeiro e Antón García-Fernández, un dos tres finalistas do Premio AELG ao mellor blog literario
Os premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega chegan á décimo quinta edición. As obras finalistas, publicadas en 2013, foron escollidas polos 437 socias e socios da AELG, que nunha segunda fase tamén decidirán as gañadoras, que se darán a coñecer na Gala das Letras, que terá lugar o 3 de maio no Teatro Principal do Concello de Pontevedra.
Tras os votos emitidos na primeira quenda, quedou como un dos tres finalistas do premio ao mellor blog literario Versos e aloumiños, de Antonio García Teijeiro e Antón García-Fernández.
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XXV)
O Día de Rosalía 2014 celebrouse no CEIP Rosalía de Castro, de Carril, Vilagarcía, do seguinte xeito:
Compostela: presentación de Maria, de Eli Ríos
A sexta feira 4 de abril, ás 20:30 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase Maria, de Eli Ríos, publicado por O Figurante. No acto, xunto á autora, participan Carlos Quiroga e Susana Arins.
Arteixo: contacontos e actividades arredor de Papá, que son os sorrisos?, de María Canosa
O venres 4 de abril, ás 18:00 horas, na Libraría Á lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3, baixo) de Arteixo, terá lugar un contacontos e diversas actividades arredor do libro Papá, que son os sorrisos?, de María Canosa, publicado en Galebook. No acto, xunto á autora, participarán un representante da editorial e o ilustrador Dani Padrón.
Cuestionario Proust: Berta Dávila
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica, este Cuestionario Proust a Berta Dávila:
«1.– Principal trazo do seu carácter?
– A dispersión.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A ética.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Lealdade e afecto.
4.– A súa principal eiva?
– A impaciencia.
5.– A súa ocupación favorita?
– Viaxar. Ler.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Case sempre me decepcionan, cando chegan, os ideais de felicidade que algunha vez desexei.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Perder a lucidez, perder o equilibrio.
8.– Que lle gustaría ser?
– Algunhas mañás, gato.
9.– En que país desexaría vivir?
– Gústame vivir aquí. Non me gusta o que aquí ocorre.
10.– A súa cor favorita?
– Ningunha en particular, prefiro as cores escuras de xeito pouco consciente.
11.– A flor que máis lle gusta?
– Ningunha flor, un froito: a mandarina como prenda do outono.
12.– O paxaro que prefire?
– O que regresa no verán.
13.– A súa devoción na prosa?
– Paul Auster.
14.– E na poesía?
– Blanca Varela (agora)
15.– Un libro?
– O sol do verán, de Casares (agora).
16.– Un heroe de ficción?
– O escritor con horarios.
17.– Unha heroína?
– Doña Mariana, de Los gozos y las sombras.
18.– A súa música favorita?
– O disco «Madrugada dos trapeiros», de Fausto.
19.– Na pintura?
– Egon Schiele.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Algunhas mestras de escola.
21.– O seu nome favorito?
– Aínda non o atopei.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A estupidez.
23.– O que máis odia?
– As marcas de humidade.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Non teño o costume de desprezar nada, o que non significa que non haxa figuras históricas abondo desprezables.
25.– Un feito militar que admire?
– Sempre me gustou a épica da revolución dos caraveis.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Non creo na existencia de ningún don natural, creo que calquera clase de talento é unha mestura de traballo, compromiso e casualidade.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Con plena conciencia do que me ocorre e ningunha conta pendente.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Fáltame oficio para contestar a esta pregunta.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Os que me son propios.
30.– Un lema na súa vida?
– Non posúo demasiadas certezas, moito menos elevables á categoría de lemas.”
Ourense: presentación de Sete Caveiras, de Elena Gallego
Vigo: presentación de Conversas com Isaac Alonso Estraviz
A sexta feira 4 de abril, ás 20:30 horas, na Libraría Andel de Vigo (Rúa das Camelias, 102), preséntase o libro Conversas com Isaac Alonso Estraviz, de Bernardo Penabade, publicado por Através Editora. No acto participan Isaac Alonso Estraviz, Bernardo Penabade, Miguel Penas e Alexandre Banhos.
Compostela: presentación de O traxe tradicional galego, de Clodio González Pérez
O venres 4 de abril, ás 19:30 horas, na Asociación do Traxe Galego (Rúa Hórreo, 19, Galerías Viacambre, local 57-58), de Santiago de Compostela, preséntase O traxe tradicional galego, de Clodio González Pérez, publicado por Nigra.