Salvaterra do Miño: Berrobambán presenta Avestruz en terra allea
Compostela: presentación de Català-Roca en Compostela 1956-1965
Día de Rosalía de Castro 2015 en Madrid
Desde
Galego en Madrid:
“Un ano máis, e van tres, acudimos á chamada da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e do Grupo Bilbao para celebrarmos o Día de Rosalía de Castro.
Palabras sabias de Vicente Araguas sobre a autora de Cantares gallegos nunha tarde madrileña fría.
“…que cante e que cante
na lingua que eu falo…”
líanos Manuel Pereira Valcárcel no Manifesto da AELG.
Galegos e galegas, poetas e alumnado van lendo a Rosalía, e Marta Beceiro canta os seus versos.
E para rematar, como xa ben sendo costume, peregrinaxe ata San Ildefonso, como fixera Rosalía para casar con Manuel Murguía en 1858.
Vigo: II Xornadas Internacionais de Literatura Infantil e Xuvenil, o 6 e 7 de marzo
As II Xornadas Internacionais de Literatura Infantil e Xuvenil terán lugar en Vigo o 6 e 7 de marzo de 2015.
A AELG colabora ao abeiro do convenio coa Secretaría xeral de Política Lingüística.
Sober: actividades polo Día de Rosalía
O
venres 27 de febreiro, ás 17:30 horas, na Biblioteca Municipal do Concello de Sober, as “Merendas con Contos” da Biblioteca únense a celebración coa gravación do vídeo “Eu son Rosalía”. Farán tamén unha lectura pública da obra desta escritora e agasallarán cunha flor a todas as persoas que participen da actividade.
Lalín: presentación de Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor
O
venres 27 de febreiro, ás 20:30 horas, no Museo de Lalín (Rúa Ramón María Aller, 9), preséntase Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e a Concellería de Cultura de Lalín, participan, xunto ao autor, Manuel Bragado e Marisa Vázquez.
Bueu: presentación de Atravesar o fantasma, de Carlos Callón
Marilar Aleixandre: “Ter lingua propia é unha riqueza”
Entrevista
a Marilar Aleixandre en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Diagnostique o momento actual da literatura galega.
– Marilar Aleixandre (MA): Eu diría que está moi vizosa. Hai un claro recambio xeracional que non se ve noutros ámbitos. Están Anxos Sumai, Alberto Ramos, Berta Dávila… Outra cousa é a conexión coa sociedade. Ese é un problema que ten que ver coa situación actual do galego.
– LVG: Os mozos abandonan o galego cando deixan a escola. ¿Por que?
– MA: Interveñen varios factores. O primeiro é que as institucións non o toman en serio: trátano como o inglés, como se fose unha lingua estranxeira, cando é a lingua propia. E a conciencia social é minoritaria no sentido de utilizala. Non hai un sentimento de conservar ese patrimonio. Ter lingua propia é unha riqueza.
– LVG: Vostede é autora. ¿Canto lle preocupa a piratería?
– MA: Penso que non é cuestión de laiarse polo libro electrónico. O problema son os prezos. A diferenza entre o prezo dun libro electrónico e outro de papel non está proporcionada porque os custes non teñen nada que ver. Á xente non lle gusta piratear. (…)”
Entrevista a Baldo Ramos no Diario Cultural
Entrevista
a Baldo Ramos no Diario Cultural da Radio Galega:
“Baldo Ramos pecha ciclo como poeta con Cartografía do exilio. Un libro e unha nova etapa artística sobre a que conversamos co autor de Celanova. A entrevista pode escoitarse aquí.








