Bautista Álvarez: “A emigración é o noso gran drama e merecía ter máis consideración literaria”
Entrevista
de Carme Vidal a Bautista Álvarez en Sermos Galiza:
“- Sermos Galiza (SG): Un ano despois do libro de relatos Retallos daquela infancia, publica a novela Cuarto minguante. Para o que demorou en publicar van moi seguidas. Tamén é así o proceso de escrita?
– Bautista Álvarez (BA): A novela escribina no ano 2013 mais tardou en publicarse. Non é que comezara agora a escribir. Fágoo desde moito antes, o que pasa é que boa parte dos meus escritos non aparecen co meu nome. Colaborei moito en Terra e Tempo mais os artigos non están asinados polo autor. Outros están recollidos en dous tomos de Obras escollidas, cada un del de trescentas páxinas e está por saír un terceiro libro. Claro está que son obras distintas e a novela e os relatos son ficción, aínda que moitas veces estean fundamentados na realidade. (…)
– SG: Lamenta que a emigración non fora máis tratada na nosa literatura.
– BA: Xa digo ao principio que a Nova Narrativa débelle aínda a grande epopea galega á emigración. Diríalles que foran a América e se puxeran en contacto cos nosos emigrantes. Fago referencia á escena que contemplei menos de un ano antes de que partira o barco Santa María. Teño na memoria como a xente se despedía nos barxos, uns arriba e outros abaixo, e iso ten pouco reflexo na literatura galega. Sucedía no porto de Vigo, cidade na que hai tan bos escritores que non contemplaron o tema na súa obra. É un verdadeiro drama e merece ter máis consideración literaria.
– SG: A presenza da emigración é moi forte e orixinou historias de gran intensidade, como explica entón esa ausencia?
– BA: Está presente en todas partes. A emigración a América é o verdadeiro drama. É distinta á que se produciu por Europa porque eles non perderon o contacto co país, construíron aquí as súas casas e viñan nas vacacións de Nadal e do verán. Era como os que estaban en Euskadi ou Cataluña. A de América non, ás veces non volvían nunca. Eu non trato de escribir as historias da emigración. Na novela hai parte que é real mais outra é fantasía, aínda que se fundamente na realidade. (…)”
Entrevista a Darío Xohán Cabana
Ourense: presentación de Rastros con enrugas, de Xoán Carlos Domínguez Alberte
Compostela: actos de apoio á ILP Castelao
“A Agrupación Cultural O Galo, como parte integrante da Federación Galiza Cultura, colabora na organización dunha serie de actos de apoio á ILP Castelao que esta entidade promove xunto con outras organizacións sociais, como a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, A Mesa pola Normalización Lingüística ou a CIG-Ensino.
Podedes descargar aquí o texto completo desta Iniciativa Lexislativa Popular que pretende impulsar ás institución públicas a reunir e facer accesíbel a variada obra de Castelao.
O sábado 21 de febreiro ás 12:00 horas no Centro Socio-Cultural de Conxo, inauguramos a exposición das Estampas da Guerra de Castelao, que se poderá visitar ata o sábado seguinte.
O mércores 25 de febreiro ás 19:30 horas no Museo do Pobo Galego terá lugar un acto para presentar á cidadanía compostelá esta iniciativa lexislativa popular. O acto consistirá en:
– Mesa redonda Achegamento á figura de Afonso R. Castelao, onde se analizarán distintos aspectos da obra de Afonso Daniel Rodríguez Castelao, como a faceta política, da man de Xoán Carlos Garrido, a literaria, con Xosé Manuel Rei, e a artística, con Paulo Porta.
– Actuación da Coral a A. C. M. Solfa, tamén colaboradora da ILP Castelao (…)
En todos os actos programados recolleremos sinaturas para apoiar a ILP Castelao, proceso para o que solicitamos a vosa colaboración.”
Compostela: presentación de Amor en alpargatas, de Manuel Portas
O
xoves, 26 de febreiro, ás 20:00 horas, no Airas Nunes Café (Rúa do Vilar, 17) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Amor en alpargatas, de Manuel Portas, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Dolores Vilavedra, Bieito Iglesias e Manuel Bragado.





