Desde
Sermos Galiza:
“O 12 de febreiro de hai trinta anos, morría Julio Cortázar en París. Trinta anos despois do seu pasamento e cando se conmemora o centenario do seu nacemento, a Editorial Trifolium publica en galego A autoestrada do Sur, en tradución de Francisco X. Fernández Naval. (…)
Cortázar, do que este ano se cumpre un duplo aniversario, visitou Galiza e tivo unha relación intensa co país, da man da galega Aurora Bernárdez coa que casaría en 1953.
O escritor Francisco X. Fernández Naval, tradutor do libro, é tamén autor de Respirar por el idioma. Los gallegos y Julio Cortázar, editado na Arxentina por Corregidor. Entre outros episodios que relacionan ao escritor con Galiza está o ter tido como editores a Lorenzo Varela e Luís Seoane e entrou en contacto tamén con exiliados como Rafael Dieste, domicilio arxentino no que o autor escribiu escribiu El examen“.
Alva Martínez Teixeiro gaña o Prêmio de Literatura Brasileira do Itamaraty
Alva Martínez Teixeiro
obtivo, co ensaio A linha de sombra de uma suspeita lição de zoologia, derivado da súa investigación sobre a obra da escritora brasileira Lygia Fagundes Telles, o primeiro lugar do Prêmio de Literatura Brasileira do Itamaraty, convocado polo Ministério das Relações Exteriores –coñecido como Itamaraty– do Brasil. O premio ven do IV Concurso Internacional de Monografias, que o Itamaraty desenvolve desde 2005 para divulgar a literatura brasileira no exterior. Cada ano é dedicado a un autor brasileiro como tema das monografias: a recoñecida escritora paulista Lygia Fagundes Telles, ocupante da cadeira 16 na Academia Brasileira de Letras, foi o tema deste ano.
Este premio, que no primeiro lugar supón tamén para a gañadora un montante de 20.000 dólares USA, conleva a publicación dos cinco ensaios premiados polo Ministério das Relações Exteriores, en libro de distribución gratuíta e voltado á difusión da cultura brasileira.
Cuestionario Proust: Antía Otero
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica, este Cuestionario Proust a Antía Otero:
«1.– Principal trazo do seu carácter?
– A intuición
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A xenerosidade.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Sinceridade e xenerosidade…, mais tamén sei que ás veces agardar o mellor dos demais é arrogante.
4.– A súa principal eiva?
– A elevada autoesixencia.
5.– A súa ocupación favorita?
– Ler e escribir.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Non creo nos estados ideais en canto á felicidade. Creo máis en sacarlle o zume a aqueles polos que transitamos, aínda sendo moito máis difíciles.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Non ter nada polo que ilusionarme e ninguén con quen compartir as ilusións.
8.– Que lle gustaría ser?
– A mellor versión de min mesma.
9.– En que país desexaría vivir?
– No mesmo no que vivo. Con moitos cambios, iso si.
10.– A súa cor favorita?
– Tódolos azuis.
11. – A flor que máis lle gusta?
– Esas primeiras rosas do ano que me regala a miña avoa Rosalía e que ten na súa horta.
12.– O paxaro que prefire?
– O cuco cando teño a sorte de escoitalo.
13.– A súa devoción na prosa?
– A devoción é algo que se vai alimentando e repártese pouco a pouco entre libro e libro. A miña é moi variada. Dende David Foster Wallace, Boris Vian ou Unica Zürn ata Samuel Solleiro e Marcos Calveiro.
14.– E na poesía?
– Dende Baudelaire a Sharon Olds, Xela Arias e Ana Romaní.
15.– Un libro?
– Aquel que aparece cando máis o preciso.
16.– Un heroe de ficción?
– Sempre fun máis dos antiheroes
17.– Unha heroína?
– Pentesilea.
18.– A súa música favorita?
– A que trata de non repetir e colócase na vertixe.
19.– Na pintura?
– A que sae do marco e expándese.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– A miña avoa e o meu avó… (se virades todo o que fan e como afrontan a vida coa idade que teñen… entenderíadelo).
21.– O seu nome favorito?
– O que vai ter a miña filla.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A prepotencia.
23.– O que máis odia?
– Os prexuízos e o patriarcado.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Os ditadores, os que se reencarnan en ditadores e os que soñan con selo.
25.– Un feito militar que admire?
– Militar?… Ningún.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Creo máis no traballo continuo que nos don(s).
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Na casa. Durmindo e sen enteirarme de nada, despois de cear con moita fame, beber con moita sede e rir con moitas ganas.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Fun aprendendo a abandonar a melancolía e acollerme aos estados creativos.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Os que non teñen mal fondo.
30.– Un lema na súa vida?
– Anque estou completamente en contra da caza, gústame o significado deste: “Non gastes pólvora fina en pardais”.”
O sábado 15, último día para presentar orixinais ao XIV Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño
Escritas queimadas em silêncio, por Susana Sánchez Arins
Artigo
de Susana Sánchez Arins na revista A Sega:
“As agulhas que tecem, as peles cicatrizadas, as paredes caladas aguardando unhas que as rabunhem e escrevam, as agulhas espinheiras, o frio glacial, os velenos inoculados como genêtica, as feridas abertas, a louça que escacha, o azul das florinhas do linho nas mãos da sinha maria, os fios invisíveis, as carabunhas das fruitas, a poética do zercido, os versos que estouram em vulcões e reconstruem um mundo fendido na raíz.
Todos os anteriores são motivos que reconhecemos na obra de poetas à Sega traídas ou por traer, em personagens fictícias dignas de ser resenhadas. Motivos que não dão mostra de reiteração, de monotonia ou de simples remedo, mas que transparentam uma reinterpretação e, sobretodo, uma comunicação de estirpe. Quantas mais poetAs lemos, mas fácil é perceber na sua escrita os rastos duma tradição subversiva. Porque estamos cosidas polas beiras do corpo umas a outras.
E todos aqueles primeiros são motivos presentes em Raíz da Fenda, um poemário de Berta Dávila que ganha matizes e riqueza de o lermos acompanhadas dos poemários doutras autoras, um em especial, o Catálogo de Velenos, de Marilar Alexandre.
Obra estruturada em cinco partes, cada uma delas recorre uma experiência de feridas que supuram e marcam, mas necessárias para a protagonista construir-se ou, quando menos, conseguir malabitar-se. Uma palavra simples, derruba. (…)”




