A
Facultade de Linguas Modernas e Medievais da Universidade de Oxford (Reino Unido), convoca o envío de comunicacións para o XVI Foro de Estudos Ibéricos, que tratará, os 20 e 21 de marzo de 2014, sobre Diversidade lingüística e cultural na Península Ibérica. Pódese descargar máis información neste arquivo: FIS_2014.
“Á diversidade lingüística e cultural historicamente existente na Península Ibérica, engadíuselle, ao longo das últimas décadas, a diversidade de linguas, culturas e representacións da realidade que trouxeron consigo as persoas chegadas aos territorios ibéricos procedentes de todo o mundo. Esa diversificación deu lugar a un calidoscopio de linguas e culturas que transformou a realidade social dos territorios ibéricos, con consecuencias en ámbitos tan diversos como o familiar, o educativo, o empresarial e mais o institucional, alén doutros. Á súa vez, as linguas e culturas ibéricas pasaron a formar parte do mundo global e interconectado, contribuíndo deste xeito ao enriquecemento da diversidade cultural e lingüística mundial na era das transnacionalidades. A Península Ibérica é cada vez máis diversa, máis multilingüe, máis multicultural e tamén máis complexa. Este feito ten notábeis consecuencias no eido das linguas, a literatura, as artes e todo tipo de manifestacións culturais e, ao mesmo tempo, levou a unha mudanza de paradigma no estudo das sociedades e as súas manifestacións culturais. Os efectos colaterais do actual contexto de recesión económica nos territorios que constitúen a Península Ibérica representan un reto en todo o que se refire á xestión da diversidade. Nesta dimensión, a reflexión crítica sobre estas sociedades imponse con nova urxencia. No XVI Foro de Estudos Ibéricos hanse abordar estes eixes de plena vixencia desde distintas perspectivas, mais sempre co denominador común do estudo da diversidade:
– Multilingüísmo e diversidade lingüística.
– Linguas en contacto e variación lingüística.
– Ideoloxías e actitudes lingüísticas.
– Política e planificación lingüística.
– Ensino e aprendizaxe de linguas.
– Tradución, interpretación e mediación.
– Sociopragmática comparativa.
– Culturas en transformación.
– Pertenzas transculturais, pertenzas múltiples e complexas, construción de identidades.
– Literatura e multiculturalismo.
– Escrita e migracións.
As propostas deben ter entre 200 e 500 palabras, deben estar escritas en inglés (preferentemente) ou en calquera lingua peninsular e cómpre envialas antes do 31 de xaneiro de 2014 a fis@mod-langs.ox.ac.uk. É preciso que inclúan o nome e apelidos do autor ou autora, a afiliación académica e o titulo da ponencia. Se tiveren algunha consulta, por favor, diríxanse ao enderezo indicado arriba.”
Manuscritos: Ramón Loureiro
Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.
Manuscritos: Antón Riveiro Coello
Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.
A Coruña: recital de Chus Pato e Iman Mersal no Ciclo Poetas Di(n)versos
O
luns
14 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Chus Pato e a poeta exipcia Iman Mersal.
Entrevista a Xabier López sobre Cando Artur non era rei
Vida e obra de Manuel Leiras Pulpeiro, de Armando Requeixo e Xurxo Martínez González
A Coruña e Carral: presentación de Viagem ao Curdistám, de Séchu Sende
O
sábado 12 de xaneiro, ás 13:00 horas, na Libraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32) da Coruña, e ás 20:00 horas, en Lume e Ferro (Campo da Feira, 3) de Carral, preséntase o libro Viagem ao Curdistám para apanhar estrelas, de Séchu Sende.
Convocada a 30ª edición do Premio Xerais de Novela
Edicións Xerais de Galicia
convoca a trixésima edición do PREMIO XERAIS DE NOVELA en lingua galega, dotado con 15000 euros, que se rexerá polas seguintes bases:
1ª. Poderán concorrer ao premio todos aqueles autores/as de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega, conforme á normativa vixente. Os textos presentados han ser inéditos e totalmente orixinais, non podendo ter sido comunicados, nin na súa totalidade, nin por partes, por ningún tipo de procedemento.
2ª. De cada orixinal presentaranse seis copias en papel, mecanografadas a dobre espazo e debidamente encadernadas, antes do día 8 abril de 2013 nos locais sociais de Edicións Xerais de Galicia, S.A., rúa Doutor Marañón, 12. 36211 Vigo.
3ª. Co orixinal, que deberá ser presentado baixo lema e sen ningún tipo de dato que identifique ao seu autor/a, achegarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor/a,
así como o título da obra, indicando no sobre: Para o Premio Xerais de Novela.
4ª. O xurado estará composto por cinco membros, escollidos entre lectores e lectoras e un secretario con voz e sen voto en representación de Edicións Xerais de Galicia, S.A. O premio outorgarase por maioría de votos.
5ª. A composición do xurado darase a coñecer no mes de maio.
6ª. O xurado emitirá o seu fallo no curso da Festa Xerais que se celebrará o día 8 de xuño.
7ª. O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime e a decisión será inapelable.
8ª. Edicións Xerais de Galicia, S.A., que reserva os dereitos de edición sobre a novela premiada en todas as linguas, coa posibilidade de ceder tales dereitos a terceiros, poderá publicar esta sen limitación do número de exemplares nin de edicións. Os cinco mil primeiros exemplares vendidos estarán libres do pagamento de dereitos de autor/a.
O beneficiario/a do premio, que se compromete a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre os
devanditos dereitos, recibirá gratuitamente cincuenta exemplares da obra publicada.
9ª. Os orixinais non premiados poderán retirarse nos dous meses seguintes ao fallo. Os que non se retiren serán destruídos.
A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases e as decisións do xurado que se teña designado.
Vigo, xaneiro 2013
Convocada a 28ª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil
Edicións Xerais de Galicia
convoca a trixésima edición do PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL en lingua galega, dotado con 10000 euros, que se rexerá polas seguintes bases:
1ª. Poderán concorrer ao premio todos aqueles autores/as de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega, conforme á normativa vixente. Os textos presentados han ser inéditos e totalmente orixinais, non podendo ter sido comunicados, nin na súa totalidade, nin por partes, por ningún tipo de procedemento.
2ª. De cada orixinal presentaranse seis copias en papel, mecanografadas a dobre espazo e debidamente encadernadas, antes do día 8 abril de 2013 nos locais sociais de Edicións Xerais de Galicia, S.A., rúa Doutor Marañón, 12. 36211 Vigo.
3ª. Co orixinal, que deberá ser presentado baixo lema e sen ningún tipo de dato que identifique ao seu autor/a, achegarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor/a, así como o título da obra, indicando no sobre: Para o Premio Merlín
de Literatura Infantil.
4ª. O xurado estará composto por cinco membros, escollidos entre lectores e lectoras e unha secretaria con voz e sen voto en representación de Edicións Xerais de Galicia, S.A. O premio outorgarase por maioría de votos.
5ª. A composición do xurado darase a coñecer no mes de maio.
6ª. O xurado emitirá o seu fallo no curso da Festa Xerais que se celebrará o día 8 de xuño.
7ª. O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime e a decisión será inapelable.
8ª. Edicións Xerais de Galicia, S.A., que reserva os dereitos de edición sobre a novela premiada en todas as linguas, coa posibilidade de ceder tales dereitos a terceiros, poderá publicar esta sen limitación do número de exemplares nin de edicións. Os cinco mil primeiros exemplares vendidos estarán libres do pagamento de dereitos de autor/a.
O beneficiario/a do premio, que se compromete a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos, recibirá gratuitamente cincuenta exemplares da obra publicada.
9ª. Os orixinais non premiados poderán retirarse nos dous meses seguintes ao fallo. Os que non se retiren serán destruídos.
A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases e as decisións do xurado que se teña designado.
Vigo, xaneiro 2013
A Coruña: Manuel Rivas asina exemplares de As voces baixas
O
xoves 10 de xaneiro, a partir das 19:30 horas, na FNAC (Praza de Lugo, s/n) da Coruña, Manuel Rivas asinará exemplares de As voces baixas, publicada en Xerais.


