O
Diario Cultural da Radio Galega realizou unha entrevista a Xosé Ramón Pena polo seu libro Como en Alxeria. Crónica dun tempo, o seu autor asegura que o que conta na súa nova novela forma parte da historia de Galicia e da historia do galeguismo. Trátase da crónica da mocidade dun tempo no que tamén están presentes o amor, a traizón e as dificultades da vida, situadas nun momento histórico moi concreto: a loita contra a ditadura franquista, a ascensión de Fidel Castrol en Cuba, a revolución en Alxeria, etc. A novela «parte dun feito real do que eu tiven noticia nun momento determinado e que pertence á historia do galeguismo», asegura Xosé Ramón Pena. Aquí pode escoitarse ou descargarse a entrevista completa. Desde Xerais.
Manuel Rivas: “É a época dos antropófagos: comeron a boa parte da mellor xente e o que vai quedando é o touciño”
“A
revista Que Leer publica unha ampla entrevista, de catro páxinas, sobre a nova novela de Manuel Rivas, As voces baixas, que ten carácter autobiográfico. O texto é de Antonio G. Iturbe. (…)
– Qué Leer: ¿Quiénes son las voces bajas?
– Manuel Rivas: Los niños, los muertos, los que hablan solos, los modos, los animales… Hay un loro, Pío Nono, recluido en un desván por preferir la vox pópuli, ¡y sus magnificas blasfemias!, a las palabras virtuosas que le enseñaba su dueña. En mi infancia, O’Xestal era un hombre muy popular, y con mucho éxito. Sus cuentos se emitían en la radio los domingos. Podriamos suponer que era una “voz alta”. En realidad, en la trama de la vida, era una “voz baja” camuflada. El oficio de vivir, sobre todo para las voces bajas, es una construcción simultánea de humor y dolor. En el libro, la ironia hace de argamasa, le da la mano al dolor, atrae y sostiene las palabras para que non se pierdan en la nada. (…)”
Desde Xerais.
Illa da Arousa: presentación de A noiva e o navio, de Susana Sánchez Arins
O
sábado 6 de outubro, ás 20:30 horas, na Sala de Plenos do Concello da Illa da Arousa, preséntase A noiva e o navio, de Susana Sánchez Arins, publicado por Através Editora. No acto, xunto á autora, participa Ugia Pedreira.
Agustín Fernández Paz fala sobre Fantasmas de luz
Vídeo no que Agustín Fernández Paz fala de Fantasmas de luz por mor da tradución desta novela ao catalán en Bromera (Fantasmes de llum). Desde Xerais.
Santiago: Encontro Zambrano-Dieste: o legado de dúas figuras insubornables, o 18 de outubro
O
xoves 18 de outubro, no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar, Santiago de Compostela), terá lugar o Encontro Zambrano-Dieste: o legado de dúas figuras insubornables, organizado por esta entidade. A recuperación da memoria vén sendo xa un lugar común que deixa de ter sentido se non serve como espazo de transformación. María Zambrano Alarcón (1904-1991), unha das figuras claves da filosofía do século XX, e Rafael Dieste (1899-1981), escritor da xeración do 27, son dúas persoas comprometidas e enraizadas na cultura popular. A súa relación intelectual iníciase na Segunda República e estréitase a través da súa participación nas Misións Pedagóxicas e noutras iniciativas culturais. Pensar as súas relacións e producións é pensar tamén no futuro. Zambrano e Dieste asomen non só o peso da nosa memoria histórica senón tamén a necesidade de repensar as súas motivacións e as súas achegas.
A inscrición é gratuíta. O número de prazas é limitado (100 persoas). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada. Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións. Dita inscrición pode realizarse aquí. O programa pode descargarse nesta ligazón.
Coordinadores: María Xosé Agra Romero e Ramón Maiz.
Presentan: María Xosé Agra Romero, Ramón Maiz e Ramón Villares.
Relatoras/es: María Xosé Agra Romero, Xosé Luís Axeitos, Arturo Casas, Xosé Díaz Díaz, María Leyra Fernández-Labandera, Ramón Maiz e Carmen Muñoz.
Santiago: conferencia de Xosé Ramón Barreiro sobre Murguía
O
luns 8 de outubro, ás 20:00 horas, no Centro Cultural Novacaixagalicia (Rúa do Vilar, 19) de Santiago de Compostela, Xosé Ramón Barreiro falará sobre a figura de Murguía, de quen ven de publicar a súa biografía en Galaxia.
Fene: anulado o faladoiro con Xesús Rábade Paredes previsto para hoxe, 4 de outubro
O faladoiro previsto para hoxe xoves 4 de outubro, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura do Concello de Fene, dentro do Ciclo de Tertulias con gañadores/as do Premio Blanco Amor, organizado pola Concellaría de Cultura e Deportes do Concello de Fene, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, quedou anulado. Proximamente informarase da nova data en que será reprogramado, onde se contará con Xesús Rábade Paredes, gañador do Premio Blanco Amor organizado polo concello de Cedeira en 2006, coa novela Mentres a herba medra.
Letra das Festas. Anécdotas e sucedidos de Lugo, o mércores 10 de outubro
O
mércores 10 de outubro, ás 19:00 horas, no Círculo de las Artes da cidade de Lugo, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, coa colaboración da Concellaría de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, organiza a segunda edición da Letra das Festas. Anécdotas e sucedidos de Lugo, “revista de literatura oral ao vivo” que sae sempre polo San Froilán. O acto está coordinado e presentado por Antonio Reigosa e Isidro Novo.
Participan contando: Antón Grande, Ana Carreira, Xosé Reigosa, Tareixa Campo, Xoán R. Cuba, Xulio Xiz, Xosé Miranda, Tonina Gay, Manuel Curiel, Marica Campo, Benjamín Santín, Darío Xohán Cabana, Marina Cillero, Fernando Arribas, Marga Portomeñe, Paco Nieto, Pilar García Negro e Paco Martín.
Encárganse dos interludios musicais: Abraham Cupeiro e María Ruíz.
Gondomar: presentación de Saibas cantos estas cartas viren… Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961)
O
venres 5 de outubro, ás 20:00 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10) de Gondomar, preséntase o Caderno Ramón Piñeiro nº XXIII, baixo o título Saiban cantos estas cartas viren… Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961), editado polo Centro Ramón Piñeiro, e coordinado por Luís Cochón. No acto, conducido por Rexina Vega, participan o propio Alberto Casal, César Cunqueiro, Luís Cochón, Luís Alonso Girgado e Valentín García Gómez. Pechará o acto o grupo musical Cordas Novas.

