O
xoves 26 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o poemario Nos muros do Mundo, do autor galegocatalán afincado en Girona Amauta Castro, acto no que participarán Fernando M. Cimadevila e Antía Marante. O venres 27, ás 20:00 horas, fará o propio na Libraría Cartabón (Rúa Urzáiz, 125) de Vigo, onde o autor estará acompañado por Francisco Táboas.
A Coruña: A literatura e a música, con Paulino Pereiro e Margarita Viso Soto, nos V Encontros Cidade da Coruña: As artes e a literatura
O mércores 25 de abril, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), terá lugar o acto de clausura dos V Encontros Cidade da Coruña, baixo o título As artes e a literatura, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, cunha mesa redonda sobre A Literatura e a Música, onde participan Paulino Pereiro e Margarita Viso Soto, presentados por Mercedes Queixas.
Vigo: presentación de Do idilio á diáspora, de Xosé Carlos López Bernárdez
O
mércores 25 de abril, ás 20:00 horas, na Fundación Laxeiro (Rúa Policarpo Sanz, 15-3º) de Vigo, preséntase o libro Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane, de Xosé Carlos López Bernárdez, publicado en NigraTrea. No acto, xunto ao autor, participarán Javier Pérez Buján e Nieves Loperena.
Brasil: conferencias de Francisco X. Fernández Naval
Na
Feira do Libro da cidade de Fortaleza, Brasil, Francisco X. Fernández Naval participou o luns 23 de abril nunha conferencia sobre literatura galega, o mesmo tema que tratará noutra conferencia o martes 24 de abril, na Universidade de Ceará.
Coñécense os gañadores do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
“O
xurado da sexta edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico decidiu por unanimidade outorgar o galardón á obra Poema sinestésico para tres voces e un can, escrita por Eva F. Ferreira. O Premio da Audiencia foi para Intercom-baby, de Marián Bañobre e Santiago Cortegoso. O xurado subliñou da obra premiada a “utilización de materiais non convencionais no narrativo, a intensidade dramática de obra a súa intención de levar a quen escoita a unha paisaxe sonora pouco habitual nunha peza radiofónica”. Destaca tamén “o discurso provocador no fondo e na forma, o risco na procura de novos camiños da creación para a radio, a intención lúdica do texto que suscita a curiosidade e o xogo emocional co oínte e o formato da obra cunha feitura que engasta a xeito de collage as diferentes linguaxes artísticas. Poema Sinestésico para tres voces e un can indaga na actitude de quen escoita, e lonxe de asentarse no previsible provoca unha emoción inesperada”. Os integrantes do xurado foron Evaristo Calvo, actor e director de teatro; Xosé Manuel Pacho Blanco, escritor, gañador da V edición; Camilo Franco, xornalista e crítico de teatro; Roberto Taboada, director artístico do Festival Alt de Vigo; Gloria Ferreiro, xefa de Programas da Radio Galega; e Ana Romaní, directora do “Diario Cultural”. (…) Ademais das dúas obras gañadoras, as tamén finalistas Ironías, de Carlos Losada Galiñáns, e Quendas, de Zé Paredes, publicaranse nun libro-CD editado por Xerais.” Vía Diario Cultural.
Santiago: recital Picaversos: Nocturnos
O
martes 24 de abril, a partir das 21:00 horas, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela, chega outra edición do ciclo de lecturas poéticas Picaversos, baixo o título Nocturnos, coa participación de Manuel Darriba, Clara Gayo e Celso Fernández Sanmartín.
A Coruña: presentación de Ruínas ao espertar, de Manuel Vilariño
O
mércores 25 de abril, ás 19:30 horas, na FNAC (Praza de Lugo) da Coruña, preséntase o libro Ruínas ao espertar, de Manuel Vilariño, publicado en Espiral Maior. No acto, xunto ao autor, participan César Antonio Molina e Miguel Anxo Fernán-Vello.
Redondela: IV Semana do Libro. A festa das palabras, até o 29 de abril
Ribadeo: presentación de Tres mulleres galegas de armas tomar
O
martes 24 de abril, ás 20:00 horas, na Casa das Letras (Rúa Rodríguez Murias, 8) de Ribadeo, o Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza a presentación do libro Tres mulleres galegas de armas tomar: María Balteira, María Castaña e María Soliña, de Guillermina Domínguez e Felicia Estévez, publicado en Baía Edicións.
Premios da Crítica 2011: Olga Novo e Antón Riveiro Coello
En
representación
da Sección da Crítica da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Laura Caveiro envíanos a noticia oficial sobre os galardoados de 2011 en lingua galega:
Poesía: Cráter, de Olga Novo, poemario publicado en Toxosoutos en 2011. “Cinza, lava, pedra e rocha son fenómenos que acompañan a erupción dun volcán ou o choque dun meteoro, e no poemario Cráter representan as “emanacións vitais” da autora, aquí poetizadas”.
Narrativa: Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello, novela publicada en Editorial Galaxia. “A partir de datos reais, como a vida de Mercedes Núñez, presa no cárcere de Ventas e confinada no campo nazi de Ravensbrück, o autor compón con mestría varias historias arredor do sentimento de culpa en situacións de inferno colectivo, con distintos narradores e escenarios: Pobra do Caramiñal, Compostela, Carcassone, Nova York e Berlín.”

