O
martes 11 de outubro, entre as 19:00 e as 20:00 horas, dentro do programa de radio Recendo, que a A. C. Alexandre Bóveda organiza dentro da emisora CUAC FM, César Morán presentará o seu libro-disco Haberá primavera, en homenaxe a Álvaro Cunqueiro, publicado en Galaxia en breve. Esta emisora pode escoitarse na comarca da Coruña no 103.4 FM.
A edición galega incrementa o número de libros rexistrados no ISBN
“En 2010 inscribíronse no rexistro do ISBN 4.754 libros editados en Galicia. Así o recolle o Ministerio de Cultura na súa Estadística de la edición española de libros con ISBN. A cifra mantén a tendencia crecente, cun notable incremento fronte aos 4.069 títulos rexistrado en 2009 e os 3.690 de 2008. Tamén sube o número destes títulos que saíu en galego, con 2.544 títulos fronte aos 2.121 de 2009. Canda a isto increméntase tamén o número de editoras das que ten constancia Ministerio de Cultura no noso país, cun total de 164 este ano fronte ás 157 do pasado. Segundo estes datos, a produción media por editora foi de 29 títulos en 2010, unha cifra que tamén mantén tendencia crecente nos últimos anos, con 26 títulos de media en 2009 e 23 de 2008 e 2007. Os datos do Ministerio sinalan tamén que se editaron no noso país 686 obras en soporte distinto do papel, todas elas libro electrónico. En 2009, malia a se publicaren 699 noutros formatos, a presenza da edición electrónica era lixeiramente inferior, só un 99,6% desa cifra. En canto a traducións, no pasado ano vertéronse ao galego 170 obras doutras linguas, un incremento a respecto dos 117 do ano anterior e dos 131 de 2008. No entanto, aínda non se acadaron as cifras de 194 obras traducidas en 2006 ou as 198 de 2007.” Vía Cultura Galega.
Convocado o VIII Premio de Narración Curta Happy Curtis, de Concello de Curtis
– 1. Convócase
o VIII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis Happy Curtis, cóntanos o día máis feliz da túa vida.
– 2. Os traballos presentados deberán estar escritos en lingua galega.
– 3. Os textos deberán ser orixinais, inéditos, e non premiados en ningún outro certame.
– 4. Deberán enviarse escritos en formato word e cunha extensión comprendida entre os 3000 e os 5000 carácteres (espazos incluídos).
– 5. Enviaranse ao seguinte correo: happycurtis@concellodecurtis.org. Achegarase no arquivo unha última folla que conteña unha copia do DNI, enderezo, teléfono de contacto, e a categoría á que pertence.
– 6. A data límite de entrega é o 30 de novembro de 2011.
– 7. Establécense dúas categorías:
* 1A. Dos 12 ós 18 anos.
* 1B. Dos 19 anos en diante.
e dous premios en metálico para cada categoría:
* Categoría A:
Primeiro premio de 200 euros.
Segundo premio de 100 euros.
* Categoría B:
Primeiro premio de 350 euros.
Segundo premio de 150 euros.
– 8. En calquera das categorías o premio poderá quedar deserto se o xurado considera que os presentados non acadan un mínimo de calidade.
– 9. Os traballos que non cumpran as presentes bases quedarán fóra de concurso.
– 10. O xurado estará composto por membros de recoñecido prestixio dentro do mundo da cultura, a lingua e as letras.
– 11. Os traballos premiados pasan a ser propiedade do Concello de Curtis, que se reserva o dereito de publicación a través dos medios que considere oportunos e sen afán de lucro.
– 12. A presentación das obras supón a aceptación destas bases.
Para calquera dúbida, escribir ó correo electrónico do certame: happycurtis@concellodecurtis.org ou chamar ó 651046603.
Santiago: Volver a Castelao
O
sábado 15 de outubro, no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia Monte Gaiás de Santiago de Compostela, terá lugar a Xornada Volver a Castelao, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e Consellaría de Cultura e Turismo. O programa, que pode ser descargado aquí (Volver a Castelao), está composto polas seguintes actividades:
– 10:30 h. Conferencia de Xusto Beramendi: Castelao e a construción da nación.
– 11:30 h. Conferencia de Manuel Rei Romeu: De Rosalía a Castelao.
– 12:30-13:00 h. Pausa.
– 13:00 h. Mesa redonda: Castelao ao pé da letra, con Xoán Costa e Inma López Silva.
– 16:30 h. Mesa redonda: Castelao e a arte do pensamento social, con Siro López e Xosé Lois “O Carrabouxo”.
Lugo: Letra das Festas. Historias do San Froilán
O
mércores 12 de outubro, ás 19:15 horas, na Praza do Campo Castelo de Lugo, coa colaboración da Concellaría de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a coordinación e presentación de Antonio Reigosa, vogal de Literatura de Tradición Oral, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza esta revista de literatura oral ao vivo, coa intervención dos narradores/as orais Elba Requeijo, de Abadín, que recitará romances tradicionais, e Ángel Rivas Veiga, veciño de Orxas (A Pastoriza), para contar algúns contos populares. Dalgunhas historias e anécdotas do San Froilán faláronos o xornalista de Radio Lugo, Paco Nieto, e dos cartaces e programas de festas, o investigador Fernando Arribas. Da literatura, coa lectura de textos referidos ás festas, encárgase Isidro Novo. E na parte musical actuarán Daniel Pando, xove tocador de trompa da Fonsagrada, e Leo i Arremecághona, proxecto musical de Leonardo Fernández Campos, artista polifacético, filólogo, poeta e cantautor punk.
Santiago: I Colóquio Guerra da Cal
A
Academia Galega da Língua Portuguesa organiza o I Colóquio Guerra da Cal dentro dos atos do centenário do nascimento do professor ferrolano. O evento terá lugar os dias 11 e 12 de outubro em Santiago de Compostela, na Fundação Caixa Galicia com a participação de 20 oradores da Galiza, Portugal e Brasil. O Colóquio inclui-se no programa do centenário de homenagem ao professor ferrolano. As inscrições, gratuítas, podem realizar-se no endereço secretaria@academiagalega.org indicando nome, profissão, correio-e, endereço de contato e telefone. O programa é o seguinte:
3ª feira, 11 de outubro
1ª Sessão
– 10:00 h. Abertura do secretariado e entrega de materiais
– 10:30 h. Abertura do colóquio. José-Martinho Montero Santalha, Presidente da Academia Galega da Língua Portuguesa.
– 10:30-11:15 h. Orador 1: Joel Gomes: A amizade de Ernesto Guerra da Cal com Federico Garcia Lorca e os Seis Poemas Galegos. Debate posterior.
– 11:30-12:15 h. Orador 2: Carlos Durão: Guerra da Cal entre nós. Debate posterior.
– 13:00-13:45 h. Orador 3: Enric Ucelay-Da Cal: Uma lembrança em três episódios. Debate posterior.
2ª Sessão
– 17:00-17:45 h. Orador 4: Maria do Carmo Henríquez Salido: Ernesto Guerra da Cal ao longe. Debate posterior.
– 18:00-18:45 h. Orador 5: Xosé Luís Franco Grande: A poesia de Guerra da Cal. Debate posterior.
– 19:00-19:45 h. Orador 6: José Luís Do Pico Orjais: Ernesto Guerra da Cal e a Música. Debate posterior.
– 20:00 h. Encerramento da Sessão.
4ª feira, 12 de outubro
3ª Sessão (III Seminário de Lexicologia)
– 10:00 h. Abertura do secretariado.
– 10:30-11:45 h. Orador 7: José-Martinho Montero Santalha: Problemática do léxico galego. Debate posterior.
– 11:30-12:15 h. Orador 8: Evanildo Bechara: Acordo Ortográfico: O interior e o exterior. Debate posterior.
– 13:00-13:45 h. Orador 9: João Malaca Casteleiro: A norma galega do português e a Lusofonia. Debate posterior.
4ª Sessão (III Seminário de Lexicologia)
– 16:15-17:00 h. Orador 10: José Pedro Ferreira: O Vocabulário Ortográfico do Português: critérios, ferramentas e resultados. Debate posterior.
– 17:15-18:00 h. Mesa redonda 1: Léxico da Galiza, Dicionário Estraviz, Perspetivas da Norma Galega do Português. Participantes: Isaac Alonso Estraviz, Carlos Durão, António Gil Hernández. Debate posterior.
– 18:15-19:15 h. Mesa redonda 2: Apresentação do Arquivo Digital da AGLP. Lançamento de publicações da Coleção Clássicos da Galiza: Queixumes dos Pinhos, edição de Ângelo Brea e Cantos Lusófonos, edição de José Luís do Pico Orjais; Boletim da AGLP, n.º 4. Participantes: Ângelo Brea, Ernesto V. Souza, Vítor Lourenço, Celso Álvarez Cáccamo. Debate posterior.
– 19:30 h. Encerramento do colóquio.
Reseña posterior de Carlos Durão aquí (agradecemos ao autor o envío da información).
Bruxelas: recital poético multilingüe coa participación de Xavier Queipo
O
martes 11 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Passa Porta de Bruxelas, terá lugar un recital poético multilingüe, onde Xavier Queipo vai ler textos en galego, lingua que estará en pé de igualdade con outras moitas linguas que se falan en Bruxelas.
Múnic: recital poético de Yolanda Castaño no Instituto Cervantes
O
luns 10 de outubro, ás 19:30 horas, no Instituto Cervantes de Múnic (Alfons-Goppel-Str. 7), dentro das Xornadas de Literatura Galega organizadas por esta entidade, terá lugar un recital poético de Yolanda Castaño, moderada pola xornalista Gabriele Knetsch.
Booktrailer de Poñente, de Pere Tobaruela
Booktrailer de Poñente, o último libro de Pere Tobaruela, publicado en Xerais:
Vigo: Obradoiro de creación literaria dirixido por Francisco Castro
Está
aberta xa a matrícula para o Obradoiro de creación literaria dirixido por Francisco Castro, que se celebrará no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo. Dará comezo o luns 7 de novembro e serán catro sesións de dúas horas no que os asistentes se centrarán no pracer de crear textos, de pensar versos, de idear historias, de facer medrar personaxes. Todas as sesións darán comezo ás 17:00 horas. Todo, coma sempre, dende unha perspectiva lúdica da literatura. Máis información nesta ligazón ao seu blog.