Entrevista
a Manuel Lourenzo González en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): O xurado do Premio Blanco Amor destacou como a súa obra aborda os problemas da identidade e o sentido da vida. ¿Eran eses os temas que quería reflectir?
– Manuel Lourenzo González (MLG): Podería ser ese o contido, entre outros. Pero é unha novela complexa, da que se poden desprender eses contidos entre outros. Ten moitos personaxes e moitas lecturas. Pero eu a describiría como un tempo de prever a deriva á que pode levarnos a sociedade desde o meu punto de vista, desde o meu ángulo, algo pesimista nese sentido. E, ao mesmo tempo, con vontade de narrar unha historia literaria. (…)
– LVG: Vostede cualificou a literatura en galego como “de resistencia”. ¿Segue manténdoo?
– MLG: Subscríboo plenamente. É unha literatura de resistencia e completamente desnivelada con respecto á española. Hai unha competencia desleal coa que seguimos loitando.”
Betanzos: conferencias de Xosé Miranda e Alfredo Erias nas II Xornadas da Historia
O
xoves 24 de
novembro , ás 20:30 horas, no Salón Azul do Edificio do Arquivo de Betanzos, comezan as II Xornadas da Historia. Betanzos na Idade Media, organizadas pola A. C. Eira Vella, cunha conferencia a cargo de Xosé Miranda, baixo o título A Galicia máxica: Lendas. O venres 25 de novembro, tamén ás 20:30 horas, Alfredo Erias ofrecerá outra conferencia, titulada O Medievo en Betanzos.
Debate, proxección audiovisual e novos libros sobre Lois Pereiro
O
xoves 24 de novembro, ás 20:30 horas, no Restaurante Rúa (R/ San Pedro, 24) de Santiago de Compostela, terá lugar un evento, baixo o título Lembrando a Lois Pereiro, no que participarán Xosé Manuel Pereiro, O Leo, Iago Martínez e Daniel Salgado, moderados por Alberto Ramos. Antes da conversa, está previsto que se proxecte un fragmento da peza artística Corporal (je t’aime), proxecto baseado nunha idea de Antía Otero e Carlos Neira, a partir de poemas de Lois. Desde Cultura Galega.
Esta nova coincide coa saída de dous libros sobre o autor a quen este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas: Lois Pereiro. Dicionario de sombras, de Antón Patiño, editado en Espiral Maior, e o catálogo da exposición Quen corta os fíos do soño?, publicado pola Fundación Luís Seoane. Desde a páxina oficial de Lois Pereiro.
A Coruña: presentación de Dramatículas, de Afonso Becerra de Becerreá
O
venres 25 de novembro, ás 20:30 horas, na Libraría Couceiro (Enrique Dequidt, 12) da Coruña, preséntase Dramatículas, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. No acto, acompañando ao autor, participa Francisco Pillado Maior e a actriz Luísa Merelas poñéndolle voz a unha das dramatículas.
Vigo: presentación de Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, de Tucho Calvo
O
venres 25 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno) de Vigo, preséntase a reedición, corrixida e aumentada, do libro Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, de Tucho Calvo, editada agora por Biblos. No acto, acompañando ao autor, estarán presentes Xosé Díaz e Alfonso Paz-Andrade.
Santiago: recital-presentación dos Libros de Caldeirón
O
venres 25 de novembro
, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, continúa a xeira de presentacións e recitais poéticos de Os libros de Caldeirón, coa participación de Eduardo Estévez (rúa da cancela), Emma Pedreira (Xoguetes póstumos) e Antonio García Teijeiro (Arredor do teu corpo).
A Pobra do Caramiñal: presentación de Poñente, de Pere Tobaruela
O
venres 25 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán (Praza do Cantón da Leña, s/n), da Pobra do Caramiñal, preséntase o libro Poñente, de Pere Tobaruela, publicado en Xerais. O acto contará coa participación de Encarna Montemuíño, Manuel Bragado e o propio autor.
Madrid: presentación de Golpear de sombras, edición bilingüe do poemario de Francisco X. Fernández Naval
O
venres 25 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro de Arte Moderno (C/ Galileo, 52) de Madrid, preséntase o libro Golpear de sombras, de Francisco X. Fernández Naval, en edición bilingüe galego-castelán, publicado en Huerga y Fierro. No acto participan, xunto ao autor, Vicente Araguas, Antonino Nieto e Antonio J. Huerga, coa actuación musical de Juan Muro.
A Estrada: entrega do Premio García Barros a Antonio Piñeiro
O
venres 25 de novembro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal da Estrada, Antonio Piñeiro recibirá o Premio García Barros 2011 obtido coa súa novela As fiandeiras, xa publicada en Galaxia. Crónica posterior en Galaxia.
Baiona: presentación de libros de Dionísio Pereira e Gonzalo Amoedo
O
xoves 24
de novembro, ás 20:30 horas, na Capitanía Marítima de Baiona (r/ Elduayen, 20, 1º andar) preséntanse os libros Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira, e A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra, de Gonzalo Amoedo, publicados en Xerais. O acto está organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos.