O venres
17 de setembro, ás 20:00 h., na Sala Azul do Edificio Liceo de Betanzos, Xabier López presenta Os libros prestados, publicado por Galaxia. No acto participan, co autor, Gabriela Rodríguez, presidenta da Asociación Cultural Eira Vella, Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Santiago Jaureguizar, xornalista e escritor.
Vigo: presentación de Penúltimo acto
O venres
17 de setembro, a partir das 18:30 h., preséntase na Galería Sargadelos de Vigo (rúa Urzaiz, 17), o libro Penúltimo acto. No acto participarán, alén dos autores, Antonio Alonso Fontán e o editor, Fernando L. Pérez Poza.
A Coruña: rolda da prensa da AELG
Hoxe, 15 de setembro, ás 17:00 h., a AELG (á que lle cabe na actualidade a presidencia da Federación Galeusca de asociacións de escritores/as en lingua galega, catalá e vasca), convoca unha rolda de prensa na Sala 3 do 8º andar do Edificio de Sindicatos da Coruña (Avenida de Alfonso Molina, s/n) co obxecto de explicar a Proposición non de lei Medidas para que o Ministerio de Cultura asuma a multiculturalidade e plurilingüismo existente no Estado no sector da literatura, que se verá hoxe mesmo na Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados a instancia da Federación Galeusca de asociacións de escritores/as en lingua galega, catalá e vasca. Participan: Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG e da Federación Galeusca, e Mercedes Queixas Zas, secretaria xeral da AELG.
Carballo: presentación de 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega, de Fernando Fernández Rego
O xoves 16
de setembro a partir das 21.00 h. na Reserva (Carballo), preséntase o libro 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega, publicado en Toxosoutos, coa participación, acompañando ao autor, de Tasende (Metro) e Franc3s. O evento forma parte dos actos do Xiriapop. Logo da presentación terá lugar unha pinchada a cargo do propio autor do libro, Fernando Fernández Rego.
A Coruña: presentación de Represalia e desagravio dun médico lucense republicano, de José Luis Díaz Gómez
O
xoves 16 de setembro, ás 20:00, preséntase na Galería Sargadelos da Coruña (rúa Real, 56), o libro Represalia e desagravio dun médico lucense republicano, de José Luis Díaz Gómez, publicado en Edicións do Castro. No acto, patrocinado polo Ateneo Republicano de Galicia, participarán Guillermo de la Fuente Mezquita e Andrés Páramo Casas.
Vigo: O Verbum achega as claves do grupo Brais Pinto
(Xornal)
Marilar Aleixandre nomeada para o Comité Executivo do IBBY
A Asemblea Xeral do
32 Congreso Internacional do IBBY en Compostela non podía rematar cunha nova mellor: acordou nomear a escritora Marilar Aleixandre como membro do Comité Executivo desta organización internacional. Grazas a este nomeamento a lingua, a literatura e a cultura galega medrarán en visibilidade a nivel internacional. As actuacións e programas de IBBY son definidas polo Comité Executivo, composto por dez persoas de distintos países e elexidas bianualmente polas seccións nacionais na Asamblea Xeral. Nesta asamblea tamén se destacou o grande éxito deste congreso felicitando a GALIX, sección en Galicia de OEPLI, pola boa organización do mesmo. Por outra banda, nomeouse na mesma asamblea a editora española María Jesús Gil como nova presidenta do xurado dos premios Hans Christian Andersen.
Santiago: presentación do número VIII da revista Arraianos
O
xoves 16 de setembro ás 20:00 h., preséntase na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela o número VIII da revista Arraianos Vivir na raia. No acto participan Juan José Moralejo, o director da revista Aser Álvarez e o editor Henrique Alvarellos. Despois Olalla Cociña e Baldo Ramos farán un breve recital con música a cargo de Bernardo Martínez.
Ourense: presentación de A vila das ánimas, de Jorge Emilio Bóveda
O xoves
16 de setembro, a partir das 17:00 h., preséntase na Libraría Duen de Bux, na Praza Maior de Ourense, o libro A vila das ánimas, de Jorge Emilio Bóveda, publicado por Toxosoutos.