A Coruña: recital poético-musical na exposición “Cada paso conta”

O martes 22 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa Casares Quiroga (Panadeiras, 12) da Coruña, haberá un recital poético-musical, organizado por Acción contra el Hambre Galicia. Nel participan Marica Campo, Francisco Fernández Naval, Olga Patiño e Emma Pedreira, e os compoñentes do grupo folk Citania: Teresa Méndez (violín) e Brais Morán (guitarra). Este acto está enmarcado na exposición CADA PASO CONTA: pintura, fotografía, escultura, poesía, ilustración, artesanía, na que máis de 70 artistas doan as súas obras para loitar contra a desnutrición infantil. A entrada será libre até completar capacidade.

Santiago: presentación de Os Eidos. Libro del Caurel, de Uxío Novoneyra, en editoral Árdora

O martes 22 de xuño ás 20.00h no Salón de Actos do Hotel Araguaney, en Santiago, preséntase a edición bilingüe da editorial Ardora de Os eidos. Libro del Caurel, de Uxío Novoneyra. No acto participarán José Luis Gallero (editor), Lupe Gómez, Herminio Barreiro e Ignacio Castro.

A Coruña: presentación do proxecto da Casa Museo Manuel María na sede da Real Academia Galega (rúa Tabernas, 11)

O xoves 17 de xuño, ás 20:30 h., na sede da Real Academia Galega, terá lugar a presentación do proxecto da Casa Museo Manuel María. No acto intervirán o Vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, os responsábeis do proxecto, Xan Casabella e Xosé Díaz Vieites, o Secretario da Fundación, Alberte Ansede, e a Presidenta, Saleta Goy García. No transcurso do acto presentarase tamén a obra inédita de Manuel María “Cecais hai unha luz“.