A Fundación CEER presenta no marco da Semana da Ciencia o cómic Coñecía Darwin a serpe das sete cabezas?, unha ferramenta para a divulgación da ciencia entre a poboación máis nova. O volume preséntase hoxe no Salón de graos da Facultade de Bioloxía da USC, Santiago de Compostela, ás 18:30, nun acto que contará coa presenza de Senén Barro, reitor da USC e presidente do CEER; Carlos Ferrás, director do CEER; Ricardo Capilla, director xeral de I+D+i, e Jaime Gómez, decano da facultade de bioloxía da USC. A seguir haberá un debate co tema É posible innovar na divulgación da ciencia?, moderado por Antía Pose, coordinaodra do CEER, e coa participación de Francisco G. Quiroga, project manager da Fundación CEER, Xurxo Mariño, Membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega e Elias Torres Feijoo, Profesor titular de Filoloxía Galega da USC.
Xosé Fernández Ferreiro: “Queren quitarnos o galego, iso é un suicidio e non o conseguirán”
Entrevista a Xosé Fernández Ferreiro en Xornal de Galicia. Ler entrevista completa.
Rolda de prensa de presentación do IV Encontro de Novos Escritor@s Eu ou Nós
Hoxe venres día 13 de novembro, ás 12,00 horas na Libraría NOVA COLÓN (Rúa Olmos 9, A Coruña) vai ser presentado en rolda de prensa o IV Encontro de Novos Escritor@s Eu ou Nós?.
Organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), o IV Encontro de Novos Escritor@s Eu ou Nós? vaise celebrar os días 20 e 21 de novembro na Coruña, co obxectivo de crear un espazo para que os autores/as mozos/as teñan a posibilidade de debater sobre os seus proxectos e expectativas e valorar os camiños que está seguindo a súa produción literaria.
Estarán presentes na rolda de prensa os escritores: Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega; Antía Otero e Alfredo Ferreiro
Santiago: tertulia sobre o novo libro de Suso de Toro
O vindeiro martes 17 de novembro celébrase en Santiago unha tertulia arredor da novela de Suso de Toro Sete palabras, que contará coa participación de Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega; Xosé Manuel Villanueva, escritor; Antonio Raúl de Toro, catedrático de literatura inglesa; Antonia Doce, Manuel Bragado e o autor. Será a partir das 20,00 horas na Galería Sargadelos (Rúa Nova, 16 de Santiago).
A Coruña: presentación dun libro en homenaxe a Manuel María
Hoxe ás 20 horas na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande), presentación do libro Manuel María: literatura e nación. Interveñen Pilar García Negro, Teresa López, Alberte Ansede, Xoan Costa, Cesáreo Sánchez e Fernando González.
Encontro de autores galegos e portugueses en Santo Estevo de Ribas de Sil
O venres 13 e o sábado 14 celébrase no Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil (Ourense) o encontro Oficio de escritor, novos autores galegos e portugueses arredor de X. Fernández Ferreiro. Podedes descargar aquí o programa definitivo.
Bilbao: presentación de Cantigas para catro mortes
O venres 13 de novembro en Prazaberri, Bilbo, na sede da uskaltzaindia terá lugar a presentación do libro Cantigas para catro mortes, Poemas para cuatro muertes, Lau heriotzentzat kantak, Cançons per a quatre morts, Bóveda, Companys, Gernika, Lorca, do exiliado galego Xosé Sesto, editado por CIG-Migración en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados. Na presentación estarán Xurxo Martínez Crespo de CIG-Migración, Felipe Senén López, técnico cultural e testamenteiro de parte da obra de Xosé Sesto, Edorta Jiménez, tradutor da biografía de Xosé Sesto para o éuscaro, Raúl Río directivo da Asocuiación Cultural Rosalía Castro de Barakaldo e Andres Urrutia, presidente da Euskaltzaindia e tradutor para o éuscaro do libro de Xosé Neira Vilas Memorias dun neno labrego/Mutiko baserritar baten oroitzapenak.
A Coruña: Poetas di(n)versos, novo ciclo de recitais


Vigo: Vinte anos de literatura galega, coloquio na Fundación Caixa Galicia
A Fundación Caixa Galicia prosegue co ciclo de coloquios sobre o estado da arte e a cultura galega. Este sábado xunta en Vigo a cinco dos principais piares do sector do libro: os escritores Chus Pato, Suso de Toro e Agustín Fernández Paz, o presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xurxo Patiño, e o crítico literario Ramón Nicolás. Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia, modera o debate no Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia da cidade olívica. O acto comeza ás 12 horas e a entrada é libre.
Vigo: presentación do libro de Luís G. Soto

Este venres en Vigo, presentación do libro de Luís García Soto na Libraría Librouro. A entrada é libre.