Máis información: resumo das resolucións da Asemblea anual da AELG.
Máis información: resumo das resolucións da Asemblea anual da AELG.
Máis información: resumo das resolucións da Asemblea anual da AELG.

A Asociación de Escritores en Lingua Galega, na súa Asemblea Anual de Socios e Socias celebrada o pasado sábado 7 de febreiro de 2009 no salón de actos do CGAC, aprobou a renovación da xunta directiva, que no sucesivo estará formada por:
Cesáreo Sánchez, presidente
Antía Otero, vicepresidenta
Mercedes Queixas, secretaria xeral
Antonio Reigosa, vogal Lugo, responsable da sección de Literatura Oral
Isidro Novo, vogal Lugo
Xerardo Méndez, vogal Ourense
Francisco Castro, vogal Pontevedra-Vigo
Elvira Riveiro, vogal Pontevedra-Vigo
Francisco Souto, vogal A Coruña
Carlos Quiroga, vogal relacións Lusofonía
Xavier Queipo, vogal Área Internacional
Máis información: resumo das resolucións da Asemblea anual da AELG.
Hoxe luns 9 de febreiro ás 19 horas no Casino de Santiago o ciclo Miradas alleas. Como nos viron, como nos ven revisa a figura do escritor Ernest Hewingway e a súa relación con Galicia da man de Juan Carlos Fernández Iglesias. A entrada é libre.
Luns, 9 de febreiro
18:00: Contacontos. Pazo da Cultura.
Martes, 10 de febreiro
18:00: Obradoiro infantil. Plástica creativa. Unha historia de amor que non ten nada raro con Raquel Méndez. Pazo da Cultura.
Mércores, 11 de febreiro
18:00: Contacontos. Pazo da Cultura.
Xoves, 12 de febreiro
18:00: Obradoiro infantil. Plástica creativa. Unha historia de amor que non ten nada raro con Raquel Méndez. Pazo da Cultura.
Máis información: páxina web do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega celebrará a Asemblea Anual de Socios e Socias o vindeiro sábado 7 de febreiro de 2009, ás 11,00 horas en primeira convocatoria, e ás 11,15 horas en segunda convocatoria, no Salón de Actos do Centro Galego de Arte Contemporánea, para tratar os seguintes puntos da orde do día:
1. Aprobación da acta anterior.
2. Informe económico e de actividades do ano 2008
3. Proposta de renovación da xunta directiva
4. Proposta de actividades para o ano 2009
5. Rogos e preguntas
O sábado 7 de febreiro terá lugar o acto de ingreso de Margarita Ledo Andión na Real Academia Galega. Será ás 12:00 no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Xeografía e Historia. A escritora lerá o discurso Do bucle e da fenda. Para un ensaio crítico sobre a cultura galega, e a súa intervención será respondida pola académica Rosario Álvarez Blanco. Margarita Ledo será a quinta muller académica da RAG, despois de Olga Gallego, Luz Pozo, Xohana Torres e a citada Rosario Álvarez Blanco.

O venres 6 de febreiro inaugúrase na Galería Sargadelos de Ferrol a exposición das fotografías de Eduardo Estévez que conforman o traballo Os veos da paisaxe. Na Galería compartirá espazo con Igor Lugrís, que amosará algúns dos seus poemas visuais Poesía para ver Poesía para ler.
Durante o acto celebrarase tamén un recital poético. A exposición poderá ser visitada até o 28 de febreiro.

Lembrámoslles que mañá venres 6 de febreiro é o día da Homenaxe Nacional a Xosé Luis Méndez Ferrín, coa presentación ás 20 horas no Auditorio do Centro Social Caixanova de Vigo (rúa Policarpo Sanz, 26) do libro A semente da nación soñada. Homenaxe a X.L. Méndez Ferrín, coeditado por Sotelo Blanco Edicións e Edicións Xerais de Galicia, e a posterior cea en honor ao escritor ourensán.