Escritores e artistas reclaman o recoñecemento do legado literario e arquitectónico de Ferrolterra e Mondoñedo. Por iniciativa de entidades como o colectivo Ao carón da lareira, que agrupa clubes de lectores de toda a bisbarra e que mantén estreitas relacións de colaboración con instituciones de Ferrolterra, da Terra Chá e de Mondoñedo, escritores, artistas e profesores de toda Galiza están unindo as súas forzas para lograr que o legado da diócese ferrolano-mindoniense sexa declarado Patrimonio Cultural Europeo.
Vicente Araguas gaña o premio Manuel Reimóndez Portela
Méndez Ferrín homenaxeado n’ “A casa dos poetas”
«A Fundación Curros Enríquez Casa dos poetas celebrará o sete de setembro o setenta cumpreanos de Xosé Luís Méndez, o candidato de Galicia ao Premio Nobel de Literatura desde hai varios anos. A homenaxe, incluída no programa da fundación de Celanova até finais do verán, consta dun recital poético baseado en distintos textos do autor.» (Galicia-Hoxe.com)
Xosé María Álvarez Blázquez en Galaxia
Publicado en Biografías, Día das Letras, Edición, Poesía
Até o 6 de novembro. Aquí as bases do premio. Máis información no 986 324 338 ou no correo electrónico cultura@bueu.org. (Concello de Bueu) Até o 31 de outubro. Aquí as bases do premio. Máis información no 986 324 338 ou no correo electrónico cultura@bueu.org. (Concello de Bueu) PROGRAMA XOVES 23 VENRES 24 SÁBADO 25 DOMINGO 26 Xa está disponíbel o número 19 da revista foeminas, dedicado a María Mariño. Para consultala, só é preciso entrar na web da revista. «O sistema educativo galego presenta o peor índice de conexións á rede de todas as autonomías. Así, se no conxunto do Estado apenas quedan escolas e institutos sen conectar (menos do 2%) en Galiza o índice de centros sen acceso ao ciberespazo dispárase ata case o 12%.» (Vieiros) Nesta peregrinaxe participaron escritoras e escritores como Espido Freire, Rosa Regás, Juan Manuel de Prada e Fanny Rubio. Á súa chegada a Vilagarcía a expedición contou coa presenza de Luisa Castro, Xulio Valcárcel, Antonieta Castro e Posidonio Cachapa. (Laopinioncoruña.es)V Premio de xornalismo Johán Carballeira
XI Premio de poesía Johán Carballeira
Carballo: Praza dos libros 2007
«O Xardín Municipal de Carballo encherase durante catro días, do 23 ao 26 de agosto, de libros, de actividades lúdicas, participativas, divertidas e formativas para nenas e nenos e para persoas adultas, de autoras e autores da comarca e do país, de presentacións e sinaturas de libros, de recitais, de actuacións, de representacións, etc. Unha nova edición da feira literaria de Bergantiños á que non podes faltar.»
11.00 h: Inicio da Praza dos Libros 2007 e Ciclobiblioteca.
12.30 h: Presentación da Praza dos Libros e do terceiro trimestre do programa Literactúa, de difusión do libro e a lectura en galego (setembro, outubro, novembro).
13.00 h: Inauguración e pregón de Mercedes Queixas Zas.
19.30 h: Presentación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, coa presenza de Mahmoud Elhda, subdelegado saharauí para Galiza.
20.30 h: Presentación de Lingua, nación e identidade, de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
21.30 h: Recital-presentación de As horas de María, de Paco Souto.
11.30 h: A fábrica da fantasía: Actividades veloces para facer e levar (actividade para nenas, nenos e maiores). Contos rápidos para levar. Poemas a toda máquina. Imaxes que contan historias.
20.00 h: Actuación de Títeres Viravolta. Unha de piratas.
21.00 h: Presentación conxunta de Arte e parte, de Xurxo Borrazás, e da reedición de Crónicas de Carballo I, de Xan Fraga.
22.30 h: Concerto da caboverdiana Nancy Vieira.
13.00 h: Presentación de Historia dunha lata e de Lume!, de Alberto Varela Ferreiro.
19.30 h: Presentación de Seavia é nome de parroquia, de José Antonio Andrade.
20.30 h: Presentación de O bosque de Nadgor, de Farruco Graña.
21.30 h: Concerto-presentación Hai cu. Pintadas no váter, de Leo i Arremecághona.
11.00 h: Un libro, un pan. Todas as persoas que merquen algún libro serán agasalladas cun pan da marca Pan de Carballo.
12.00 h: Sinatura de libros de Santiago Jaureguizar.
20.00 h: Charla dramatizada de María Mariño, por Brais Fernández Álvarez.
21.30 h: Concerto do cantautor cubano Norge Batista e remate da feira.Número 19 da revista “foeminas”
Deficiente conexión a internet no ensino
Escritores e xornalistas finalizan en Santiago a promoción dunha ruta xacobea marítima