Carnota: presentación de Entre leiras e labores
Corme: presentación de Querida Paula, de Xosé Antonio Andrade
Monforte: presentación e contacontos musical de Cambia o conto, de Música Miúda
Compostela: Escola de Escritoræs. Obradoiro Movendo os marcos. Nós, escribimos, con Andrea Nunes Brións
O Obradoiro Movendo os marcos. Nós, escribimos, con Andrea Nunes Brións, é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Santiago de Compostela.
Este obradoiro está concibido como un espazo de creación e reflexión ao redor da literatura e da propia escrita fóra dos marcos hexemónicos establecidos.
Desde unha reflexión feminista ao redor dos textos, falaremos de privilexios, interseccionalidade e da responsabilidade que leva consigo o lugar da escrita e a súa recepción.
Ampliaremos as nosas olladas e moveremos os marcos para que poidamos elixir os camiños que, como escritoras, queremos transitar.
– A cargo de Andrea Nunes Brións e cunha sesión especial de Ana Romaní.
– Terá 8 sesións de 3 horas cada unha.
– Hai un total de 20 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, farase mediante o envío dun correo electrónico a oficina@aelg.org.
– O obradoiro desenvolverase na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega (Rúa das Casas Reais, 8), en Santiago de Compostela.
Calendario
– Días: sábados 22 e 29 de abril; 6, 13, 20 e 27 de maio; e 3 e 10 de xuño de 2023.
– Horarios: de 11:00 a 14:00 h.
Información sobre protección de datos
Información sobre protección de datos A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
O Carballiño: presentación de Días de intemperie, de Antón Riveiro Coello
Compostela: Arantza Portabales asina O home que matou a Antía Morgade
Gondomar: presentación de Quen non ten un avó fascista?, de Inma López Silva
Ferrol: presentación de Ben sabe o mar que posúo o botín dos piratas, de Luz Campello
Bases da XXI Edición do Premio Plácido Castro de Tradución
Desde a Fundación Plácido Castro:
“A Fundación Plácido Castro da que forman parte os concellos de Corcubión, Cambados e Vilagarcía de Arousa, a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), convoca o Premio Plácido Castro de Tradución destinado a promover versións en lingua galega das grandes obras da literatura universal, con especial atención á súa presenza en Internet e as traducións para o galego de obras doutras linguas. Lémbrase, deste xeito, a figura de Plácido Castro, humanista, liberal, cosmopolita, símbolo da universalidade do nacionalismo galego que quixo estimular coas súas traducións a recuperación explícita da nosa identidade.
1. Poderán participar na convocatoria da vixésima edición do Premio Plácido Castro de Tradución obras traducidas ao galego e publicadas no ano inmediatamente precedente en formato papel ou dixital. Tamén poderán concorrer as obras libres de dereitos e publicadas na biblioteca virtual http://tradutoresgalegos.com/bivir.html pola persoa que as asina, ou xa entregadas e pendentes de publicación en BiVir.
2. A presentación como candidata ao premio implica a conformidade coas presentes bases.
3. As obras que concorran ao premio enviaranse á sede da Fundación Plácido Castro, sita en Rúa Nova, 4 36630 Cambados, Pontevedra, ou por correo electrónico a presidencia@agpti.org ou info@igadi.gal, antes do 1 de maio de 2023. Igualmente, os membros do xurado tamén poderán formular propostas por propia iniciativa.
4. O xurado do Premio estará composto por cinco persoas en representación das seguintes institucións: Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI), Real Academia Galega, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e Xunta de Galicia. Actuará como secretario con voz e sen voto unha persoa en representación da Fundación Plácido Castro. Estará facultado para resolver calquera dúbida a propósito destas bases e poderá instar o asesoramento que considere oportuno.
5. O xurado terá en conta fundamentalmente os seguintes criterios: corrección lingüística e ortotipográfica, calidade da versión, criterios de lectura e interpretación do orixinal, relevancia da obra nas culturas de orixe e chegada e adaptación ao destinatario.
6. O xurado dará a coñecer de inmediato a identidade da persoa premiada e fará públicas as razóns nas que se fundou para a concesión do premio.
7. O premio consistirá nun diploma acreditativo e unha peza escultórica deseñada expresamente para o concurso, obra de Xaquín Chaves. Así mesmo, estará dotado con 2.000 euros.
8. A entrega do Premio terá lugar no lugar e data que sinale a Fundación Plácido Castro.”








