“O poeta Manuel López Rodríguez obtén coa súa obra As palabras do sur o XXXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, convocado polo Concello de Dodro.
O xurado do certame decidiu, de forma unánime, concederlle o galardón ao traballo As palabras do sur pola consistencia do proxecto, tanto a nivel estrutural como polo que respecta a cada poema en particular, así como unha complexidade que dá pé a varios niveis de lectura.
Esta edición do premio estivo coordinado pola poeta Elvira Ribeiro e formaron parte do xurado as escritoras Chus Nogueira, Lorena Souto e Brenda Mondelo, xunto co alcalde e o concelleiro de Cultura de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís e Ramón Abuín Gómez.
O acto oficial de entrega do certame terá lugar o vindeiro, 9 de decembro, no CPI de Dodro. As palabras do sur de Manuel López Rodríguez será publicada no ano 2024, nunha editorial de recoñecido prestixio.”
A foto do autor é de Ogalego.gal, publicada na Wikipedia.
Compostela: presentación de 50 anos de resistência cultural. SCD Condado 1973-2023
A Coruña: presentación de AR+arte_terapias alternativas
Barcelona: recital poético con Samuel L. París
Vigo: presentación de Ao sur da liberdade, de Xosé-Henrique Costas
Lugo: presentación de O ferrocarril en Galiza
Vigo: presentación do número 121 de Luzes: O Celtenario
Vigo: presentación e conversa arredor de O governo neoliberal da vida, de Borxa Colmenero
Compostela: presentación de Salón de Té, de Lupe Gómez
Crónica fotográfica do Roteiro 2º de Poeta, con Lucía Aldao
Estas son algunhas das fotografías do Roteiro 2º de Poeta, con Lucía Aldao, celebrado o pasado 18 de novembro. A crónica fotográfica completa (obra de Diana Varela Puñal) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.











