Compostela: entrega do Premio San Clemente a Antón Riveiro Coello


Desde Galaxia:
“O escritor Antón Riveiro Coello recollerá o martes 25 de marzo, o Premio Literario San Clemente, na categoría de novela en galego, pola súa obra Hotel Carioca. O acto de entrega celebrarase no IES Rosalía de Castro de Santiago, ás 18 h.
O galardón, decidido por un xurado único formado por alumnado de Bacharelato, recoñeceu a novela do autor de Xinzo de Limia como unha “obra redonda, moi ben construída e escrita”. Destacaron tamén a súa “intriga constante, con moitos xiros, que logra que os lectores e lectoras manteñan unha atención continua”. (…)”

Crónica videográfica do acto central do Día de Rosalía de Castro 2025 en Compostela (I)

Estes son algúns dos vídeos do acto central do Día de Rosalía de Castro 2025 en Compostela, que tivo lugar o 22 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, organizado pola AELG, co apoio de CEDRO. A crónica videográfica completa pode verse aquí.

– A Rosalía e Soia! Interpretación musical da Coral da A. C. Solfa:

Saúda da presidencia da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias:

Lectura do Manifesto, por Marga do Val: