A Coruña: presentación de Deixádenos remar, de Ana Cabaleiro

O 28 de outubro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase a novela Deixádenos remar, de Ana Cabaleiro, publicada por Xerais. As persoas interesadas deben inscribirse mediante este formulario.

Compostela: presentación de Memorias dun profesor, de Xacobe Medina Dacasa

O 28 de outubro, ás 19:00 horas, na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, Xacobe Medina Dacasa presenta o libro Memorias dun profesor, publicado por Edicións Fervenza. No acto, o autor estará acompañado polo músico e estudante de filosofía Raúl Temperán. Así mesmo, contarase cunha sorpresa musical a cargo do propio autor, Xacobe Medina. Cabe sinalar que o acto tamén será retransmitido pola canle de Youtube “xaco medina”.

Pilar García Negro: “O feminismo de Emilia Pardo Bazán é declarativo e a súa literatura non pode desligarse da súa condición social”

Entrevista a Pilar García Negro na Televisión de Galicia:
“Pilar García Negro formula unha visión máis crítica arredor da figura e da contrución dun ‘mito’ Pardo Bazán. O ensaio, publicado por Alvarellos, asenta as súas conclusión na revisión da obra de P. Bazán e nas declaración da propia escritora e nel a autora cuestiona a relación de P. Bazán co feminismo e con Galicia. A entrevista pode verse aquí.”