Arquivos da etiqueta: Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Crónica fotográfica da lectura pública na Coruña da obra de Luísa Villalta
Estas son algunhas das fotografías da lectura pública de Luísa Villalta polo Día das Letras Galegas que tivo lugar na Coruña o 12 de maio, en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
A Coruña: “Xesús de Nazaret na historia do cine”, conferencia de Victorino Pérez Prieto
A Coruña: “Luísa Villalta na lembranza”
O xoves 16 de maio, véspera do Día das Letras galegas, ás 19:00 h., na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, realizarase un acto de homenaxe e recoñecemento á autora homenaxeada neste 2024 Luísa Villalta na lembranza. Serán tres amigas as que repasarán a vida e a obra de Luísa: Ana Pillado, Marga do Val e Pilar García Negro.
Tres compañeiras de vida de distintas xeracións: a alumna, Ana Pillado, na casa de seus pais Pancho Pillado e Noli, Luísa recitou, tocou o violino e recibiu o empuxe para comezar a publicar; Marga do Val, a compañeira de xeración, amigas, xuntas nas páxinas de A Nosa Terra e na defensa do país, e a amiga Pilar García Negro, a primeira lectora de moitas obras de Luísa.
Este encontro terá unha duración de 1 hora. E as persoas que nos acompañedes levaredes de agasallo unha copia do poema manuscrito que Luísa escribiu en homenaxe a Alexandre Bóveda.
As persoas interesadas en asistir pode anotarse aquí.
A Coruña: presentación do número 8 da revista Follas Novas
Compostela e A Coruña: encontros con Fernando Rosas, arredor de Ensaios de Abril
A Coruña: presentación de Da caverna a acrópole, de Ciro Briones
A Coruña: presentación de O legado da nena do sal, de Elena Gallego Abad
A Coruña: presentación de O Don Hamlet de Cunqueiro e Un ruído provocado(r). Voces arredor de Luísa Villalta
A Coruña: palestra con Margarita Ledo sobre o 50 aniversario da Revolución Portuguesa
Desde a A. C. Alexandre Bóveda:
“O 25 de abril, día do 50 aniversario da revolución portuguesa, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, Margarita Ledo Andión ofrece unha palestra para falar da experiencia persoal e militante do 25 de abril como paisaxe amiga. Será presentada por Xocas Bermello, historiador. As persoas asistentes recibirán como agasallo a revista 50 anos do 25 de abril desde Galiza.”

















