Arquivos da etiqueta: Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
A Coruña: lectura pública da obra de Florencio Delgado Gurriarán, o 15 de maio
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e o grupo Valdeorras Infinda celebraremos as Letras Galegas coa lectura pública da obra de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado este 2022, na cidade da Coruña.
Será o domingo, 15 de maio, ás 12:00 h, diante do Teatro Rosalía de Castro. Estades convidadas todas as persoas que queirades ler poemas deste autor valdeorrés, figura clave do exilio mexicano. Pregamos que as persoas interesadas comuniquen o texto que queren ler, enviando un correo electrónico a acab@mundo-r.com
A Coruña: presentación do volume 43-44 de Murguía, Revista Galega de Historia
O 11 de maio, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase o volume 43-44 de Murguía, Revista Galega de Historia, coa presenza de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel e Iria-Friné Rivera Vázquez. As persoas interesadas deberán inscribirse aquí.
A Coruña: presentación de Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa
O 6 de maio, ás 19:00 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase o libro Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa, editado por Biblos. Estarán presentes a escritora Pilar García Negro e o escritor Manuel Castelao Mexuto, autores desta edición, e Carmela González responsable da editora da obra, Biblos. As persoas interesadas poden anotarse na presentación aquí.
A Coruña: mesa redonda arredor de Libre coma os paxaros
A Coruña: presentación da obra dramática completa de Manuel Lourenzo
A Coruña: Ciclo Aula Aberta “Mulleres de tinta e papel”, con Ánxela Cabanas
A Coruña: presentación de Ausentes, de Afonso Eiré
A Coruña: presentación de Coa luz negada, de Ricardo Seixo Fernández
O 21 de abril, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase o poemario Coa luz negada, de Ricardo Seixo Fernández, editado pola Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”, coa subvención da Deputación da Coruña. A Asociación veciñal Agra habilitou un espazo na canle Youtube para publicar os recitados dalgúns poemas deste libro. Podes escoitar os primeiros recitados feitos por persoas participantes na actividade Gosto de vivir a poesía. As persoas que queiran asistir á presentación inscribiranse previamente aquí.
A Coruña: presentación do número 6 da revista Follas Novas
O luns 18 de abril, ás 19:30 h, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase o número 6 de Follas Novas. Revista de estudos rosalianos, editada pola Fundación Rosalía de Castro. No acto participan o director da revista, Xosé Luís Axeitos; e varias das persoas contribuidoras deste número: Pilar García Negro, Patricia Carballal, Xosé A. Fraga Vázquez, Martín Pawley e Xabier Pérez Couto.