Vigo: actos destacados na Feira do Libro para o mércores 5

O mércores 5 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

19:00 h. Ledicia Costas asinará exemplares das súas obras.
19:45 h. Presentación de O Códice esmeralda de Alberte Blanco, publicado por Xerais. Con Manuel Bragado. Ao remate, sinatura.

Alberte Blanco, autor de O Códice esmeralda

Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Intriga, aventuras e historia son os ingredientes que se mesturan en O Códice Esmeralda, a segunda novela de Alberte Blanco. Trátase dun relato que parte da batalla naval de Rande e que conduce o lector pola ría de Vigo na procura dun tesouro. Pode accederse á entrevista aquí.”