Arquivos da etiqueta: Ánxela G. Abalo
Betanzos: obradoiro de teatro arredor da creación de personaxes, dirixido por Gustavo Pernas e Ánxela G. Abalo
Compostela e Ribadeo: presentacións da Axenda Feminista 2014. Teatreiras Galegas
Santiago: presentación de Tres logomonos, de Gustavo Pernas
A Coruña: representación de Pisados, de Gustavo Pernas
O venres 28 e sábado 29 de outubro, ás 20:30 horas, no Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos) da Coruña, con entradas de 7 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregadas/os: 5 euros), represéntase Pisados, unha obra escrita e interpretada por Gustavo Pernas. Botamán de Melide sopra follas no outono e aprende idiomas co paso dos peregrinos do Camiño de Santiago. Máis tarde descobre, entre as follas do chan, a linguaxe secreta dos pisados. Pode falar cos zapatos e vén revelarlle ao público o que calan as bocas e gardan os pés. Baixo a dirección de Ánxela G. Abalo.
Hoxe na Coruña: lectura dramatizada e textos de Gustavo Pernas Cora
Na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, terá lugar o xoves 22 de abril, ás 20:30 h., unha lectura dramatizada de textos do escritor Gustavo Pernas Cora que serán interpretados polo propio autor e por Ánxela G. Abalo. Abordan temas como a incomunicación, as relacións de parella, a identidade, os malos tratos, a violencia e a fronteira entre a realidade e a representeción, entre outros.