Desde
Sermos Galiza:
“A poeta de Viveiro vén de facerse coa XIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro Pen de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 33 obras.
O poemario gañador -titulado Vestir a noite– é, en palabras do xurado, “unha proposta poética ben artellada e consciente da súa macroestrutura. Un traballo compacto con grandes virtudes expresivas e que ofrece unha visión harmónica dos espazos e dos tempos. Cómpre destacar a imaxinería naútica e a habelencia na clausura dos textos. Vestir a noite achega ao panorama da nosa lírica unha proposta dinámica e refrescante”.
O xurado, que emitiu o seu dictame na segunda feira 5, estaba composto por Dores Tembrás, escritora; Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo e presidente da Fundación Rosalía de Castro; Ana Abelenda, xornalista e crítica literaria en La Voz de Galicia; e Xabier Castro Martínez, escritor e secretario do xurado. (…)”
Arquivos da etiqueta: Anxo Angueira
Coñécense as obras gañadoras do XXX Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, de Cornellà
“O
sábado 26 de novembro, celebrouse o acto de concesión dos premios do Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro 2016, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) que este ano acada a súa XXX edición.
O acto de concesión dos premios foi precedido da presentación, no Centro Cultural García Nieto de Cornellà, do libro Follas Novas de Rosalía de Castro, unha edición crítica, que inclúe notas e comentarios de Anxo Angueira sobre o texto rosaliano. Como nos ten acostumados, Anxo Angueira volveu darnos unha lección maxistral dos textos de Rosalía en Follas Novas, coa súa narración e explicación.
Pola noite, e no transcurso dunha cea celebrada nas dependencias da entidade, coa presenza do presidente da Asociación, Oliver Fernández, á que asistiron numerosos socios e amigos da entidade, así como diversas autoridades do mundo da cultura e a sociedade de Cataluña e Galicia, ademais de representantes da Corporación Municipal de Cornellà e delegacións doutras entidades galegas de Cataluña, o presidente do xurado do certame, Anxo Angueira Viturro (Presidente da Fundación Rosalía de Castro) e composto polo vicepresidente Henrique Fernández Sánchez (presidente fundador do Certame, e poeta), vogais, Carmen Penim (profesora e cantante), Xulio Simón (profesor), Xosé Lamela (escritor) e como secretario o profesor Xulio Cougil Vázquez, deu a coñecer aos gañadores deste ano 2016 na súa 30 edición do Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, que foron os seguintes:
– Primeiro premio: Javier Rouco Ferreiro, da Coruña, polo seu poema titulado A escrita da Luz.
– Segundo premio: Miriam Ferradáns Ferradás, de Bueu, polo poema Situarémonos fronte ao frío, berrando.
– Terceiro premio: Modesto Fraga Moure, de Arteixo, polo seu traballo Éxodo.”
Cornellà: presentación da edición de Follas Novas, de Rosalía de Castro, feita por Anxo Angueira
O
sábado 26 de novembro, ás 18:30 horas, na Sala García Nieto, preto da ACG Rosalía de Castro (Frederic Soler, 71), en Cornellá de Llobregat, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. No acto, organizado pola ACG Rosalía de Castro de Cornellá con motivo do 30º aniversario do Certame de Poesía “Rosalía de Castro” e o peche das xornadas culturais 2016, participarán Anxo Angueira e o dúo “2 Na Fronteira”.
Donostia: Poeta ibiltariak /Poetas itinerantes
A iniciativa Poeta ibiltariak /Poetas itinerantes terá unha nova parada o mércores 26 de outubro, ás 19:00 horas, no Instituto Vasco Etxepare (edificio Tabakalera, 3er andar), para unir a poesía vasca e a galega nun recital multilingüe en Donostia.
Leire Bilbao, Miren Agur Meabe e Felipe Juaristi serán os encargados de dar voz á poesía vasca, e en representación da galega farano Manuel Rivas, Gonzalo Hermo, Dores Tembrás e Anxo Angueira. Esta será a viaxe de volta tras o recital que ofreceron conxuntamente en xuño en Santiago de Compostela. Como entón, os e as poetas realizarán as lecturas na súa lingua, en euskera ou galego, mentres unha pantalla mostra a tradución dos textos.
Este novo encontro terá lugar o ¡Os esperamos!
Allariz: III Poemagosto. Festival da poesía
Vigo: Conversas Nortear, “Galicia-Norte de Portugal: Um universo literário comum-Un universo literario común”
Pontevedra: presentación de Non hai outro camiño, de Isaac Xubín
O
luns 26 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa das Campás (Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, Rúa Don Filiberto, 9- 11), da man do Ateneo de Pontevedra, Isaac Xubín presenta Non hai outro camiño, publicado por Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Manuel Bragado, Xaime Toxo, Ana Acuña e Anxo Angueira.
Casa de Rosalía (A Matanza, Padrón): recepción oficial do Arquivo Ramón Baltar Feijóo e Ernesto Baltar Santaló
Ferrol: presentación da exposición de fotografías de Xurxo Lobato Airiños aires, Rosalía
As flores, de Helena Salgueiro, gaña o II Premio de poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón
Desde
El Correo Gallego:
“A segunda edición do premio de poesía Rosalía de Castro, promovido polo Concello de Padrón para honrar a figura da autora de Cantares Gallegos suma xa unha nova gañadora. Trátase da compostelá Helena Salgueiro Golán. A súa obra poética, presentada baixo o lema Lilith e que leva por título As flores, logrou o favor do xurado tanto polo tema que afronta como polas referencias literarias que manexa a autora no poemario gañador.
O xurado, presidido por Lorena Couso, reuniuse para valorar a trintena de traballos poéticos que se presentaron este ano ao certame literario. Entre os membros do xurado encontrábanse Anxo Angueira, Dores Tembrás, María Xesús Senín Fernández, María López Sández e Elvira Ribeiro Tubío.”



