Arquivos da etiqueta: Anxo Angueira
A Coruña: presentación de Follas novas, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira
O
xoves 17 de marzo, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22), na Coruña, preséntase a edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, a cargo de Anxo Angueira, publicada en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, participan, xunto ao autor do estudo crítico da obra, Pepe Barro e Dores Tembrás.
Cangas: conferencia-presentación de Anxo Angueira sobre a súa edición de Follas novas, de Rosalía de Castro
O
mércores 16 de marzo, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cangas, terá lugar una conferencia de Anxo Angueira sobre a súa edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, publicada en Xerais. O acto está coorganizado pola editora e a Concellería de Cultura do Concello de Cangas.
Betanzos: presentación de Follas novas, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira
Entrevista a Anxo Angueira sobre a súa edición de Follas novas
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, é entrevistado arredor da súa edición de Follas novas. A entrevista pode verse aquí.”
Anxo Angueira: “Esta edición de Follas Novas busca facilitar a súa lectura”
Tabela dos Libros de marzo de 2016, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Como cada primeiro luns de mes, a Tabela dos Libros ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
Anxo Angueira revisa Follas Novas
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“O escritor e presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, revisa Follas Novas nunha nova edición que publica Xerais: “A nación de Follas Novas son as mulleres”. A entrevista pode escoitarse aquí.”
O Día de Rosalía está aquí para ficar
Desde
Sermos Galiza:
“Un ano máis as redes sociais ferveron co #MobilizaRosalía e co #DíadeRosalía. Asociacións, centros escolares e desta vez tamén algunhas institucións implicáronse a fondo nunha xornada que medra cada ano desde abaixo. (…)
Desde hai uns anos o Día de Rosalía converteuse de facto nunha das datas culturais máis destacadas do ano. Sen grandes investimentos, coa forza que dá un movemento desde abaixo, porque Rosalía une. Ou como dixo Xurxo Lobato, “Rosalía é unha das poucas figuras que une as diferentes tribos galaicas”. Mesmo Google lle dedicou un ‘doodle’ o ano pasado.
Este ano as deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo implicáronse a fondo, algunhas delas por primeira vez. A da Coruña, da man do seu departamento de Cultura, organizou un acto de homenaxe e “liberou” catro imaxes de Rosalía deseñadas por catro autoras: Uqui Permui, Aurora Cascudo, Aldara Prado e Paula Mayor. (…)
Cesáreo Sánchez, presidente da AELG, unha das principais promotoras desta celebración, tamén considera que é unha data consolidada. “Hai máis de 50 concellos que están a facer actos do Día de Rosalía, e iso que nós saibamos. E arredor de 100 centros escolares teñen actividades”.
Con respecto ás institucións, a Sánchez parécelle positivo que xa se inclúa no calendario cultural da Consellaría, pero sinala que “falta agora que a consellaría de Educación o inclúa como día lectivo dedicado a Rosalía, porque sería recoñecer institucionalmente a importancia da nosa poeta”.
A AELG segue apostando por unha data na que se agasalle un libro en galego e unha flor. “Sería importante porque a propia industria cultural o necesita”. E insiste en que o Día de Rosalía non compite co Día das Letras, senón que se complementa.
Para Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, esta xornada “está en camiño dunha clara consolidación”. “Non hai máis que mirar toda a cantidade de actos levados adiante por asociacións, concellos e mundo escolar. E abonda con ver as redes sociais para comprobar que ten un protagonismo cada vez maior”. (…)”
Padrón: presentación de Follas novas, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira
O
mércores 24 de febreiro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Padrón (Campo do Souto, 2), preséntase a edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, a cargo de Anxo Angueira, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor do estudo crítico da obra, participan Manuel Bragado, Chus Senín Fernández e Antonio Fernández Angueira. Ao remate da presentación terá lugar un concerto do grupo musical Xardín desordenado.



