Arquivos da etiqueta: Anxo Moure (O Carballo con Botas)
Viveiro: actividades destacadas na Feira do Libro 2019 para o 16 de agosto
O
16 de agosto continúa a Feira do Libro de Viveiro (nos Xardíns de Noriega Varela, de 12:00 a 14:00 h., e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:00 h. Contada de contos a cargo de Anxo Moure co proxecto Cuco. Contos para coidar a Terra.
– 20:00 h. Presentación cruzada de Remexido de patacas, de Eli Ríos e As fauces feroces de Emma Pedreira, publicados por Baía Edicións. Con Belén López, da editora.
– 20:45 h. Presentación de O paraugas na raiola, de Paco Rivas, publicado por Baía. Con Bernardo Penabade e Belén López.
Carballo: actividades destacadas do 11 de xullo na Praza dos Libros 2019
Chega
unha nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 11 ao 14 de xullo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. Dentro dos actos previstos para o 11 de xullo, destacamos os seguintes:
– Toda a mañá. Pasarrúas infantil arredor do libro A música da auga, de Anxo Moure, con Servando Barreiro.
– 12:30 h. Pregón a cargo de María Reimóndez. Coa actuación da Banda de Gaitas de Carballo.
– 18:30 h. Concerto-presentación do libro-disco A nena e o grilo máis aló, de Magín Blanco, publicado por Galaxia.
– 20:00 h. Conversa de autoras. María Canosa e Concha Blanco falarán sobre as súas obras Caderno de lúas (Bululú) e Macedonia de versos (Aira). Modera Santiago Garrido.
– 21:00 h. Presentación de As mulleres da fin do mundo, de Daniel Asorey, publicado por Xerais. Presenta Manuel Rey Pan.
Ribeira: actos do 13 de xuño na Feira do Libro 2019
LIX Rianxo. Semana do Libro Infantil e Xuvenil 2019
Ferrol: actos destacados do 26 de abril na Feira do Libro 2019
O
26 de abril continúa a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 18:00 h. Antón Cortizas asina exemplares da súa obra na caseta da Libraría Pedreira.
– 19:00 h. Brais e Anxo Moure, “Os mouros Moure”, presentan Contos e música para coidar o mar (e deixalo de mancar).
Parada, O Courel: IV Festival dos Eidos, do 22 ao 26 de agosto
Ribadeo: V Feira do Libro
Porriño: actividades destacadas da Feira do Libro do 11 ao 13 de maio
O
domingo 13 de maio finaliza a Feira do Libro de Porriño (na Rúa Ramón González), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes días:
Venres 11
– 19:00 h. Presentación e concerto de Oviravai, co seu último traballo: As andanzas de Paio, publicado en Galaxia.
Sábado 12
– 18:00 h. Actividade infantil: Teatro na mochila, con Anxo Moure.
Domingo 13
– 12:30 h. Actuación infantil Cantares das Letras, de Rosalía a María Victoria Moreno, de Luís Vallecillo.
– 19:00 h. Ledicia Costas asina exemplares de As peripecias de Extravaganzza Pérez e outros libros.
– 20:00 h. Falando de libros con… Clara do Roxo.










