Crónica fotográfica do acto do Día de Rosalía de Castro 2026 en Lugo

Estas son algunhas das fotografías do acto en Lugo do Día de Rosalía de Castro 2026, que tivo lugar o 23 de febreiro, ás 13:30 horas, no Parque de Rosalía de Castro, organizado pola AELG, coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo. O acto consistiu na lectura do Manifesto da AELG, elaborado neste 2026 por Eva Veiga, un recital poético da obra de Rosalía de Castro, con participación do alumnado gañador do Enredando co Galego 2025 e escritoras/es da cidade de Lugo, e unha ofrenda floral en homenaxe á autora. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

Compostela: presentación de Pegadas no muro

Lugo: Día de Rosalía de Castro 2026

O luns, segunda feira, ás 13:30 horas, no Parque de Rosalía de Castro, terá lugar a lectura do Manifesto da AELG, obra de Eva Veiga, unha ofrenda floral e un recital poético da obra de Rosalía de Castro, con participación do alumnado gañador do Enredando co Galego 2025. O acto conta coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, xunto ao Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO) e a Deputación da Coruña.

Lugo: presentación de Semente de vencer. Obra poética I. Volumes editados, 1970-2006, de Darío Xohán Cabana