Arquivos da etiqueta: Baldomero Iglesias Dobarrio Mero
“Darío Xohán Cabana, a sabia aprendizaxe dun sosego”, por Baldomero Iglesias, Mero
Artigo de Baldomero Iglesias, Mero sobre Darío Xohán Cabana en Sermos Galiza (o orixinal en papel é de 2015):
“Somos, desde hai xa moito tempo, amigos. Bos amigos, diría eu. Ademais, cómplices de historias que hoxe non veñen a conto. Desde cando viñemos estudar á capital ou desde cando el vendía libros de Castrelos. Ou despois, cando vendía a domicilio e viña á miña escola do Picato, falabamos, soñabamos tanto!
Temos e tivemos moitos amigos comúns. Aínda hoxe, cando nos atopamos, sempre se nos debuxa na cara un sorriso de contento e botámonos en temas agradecidos e sorrisos. Se boto atrás a cabeza, aínda o vexo naquel coche, un “Lada”, caldeirando as nosas rebeldías, ou lembro cando pousaba a cachimba entre os beizos para dar caladas de néboa polas rúas de Lugo adiante. Alumno espelido do “Manuel María e Ferrín: a grande xeración”. Fabulador de historias para nenos e grandes, cómplice tamén do Paco Martín –ascendido á categoría de chairego, por méritos no tempo contraídos- e outros, o Xabier P. DoCampo, o Agustín Fernández Paz, e toda unha memoria delas e deles. Garda municipal en Corcubión onde escribiu por exemplo Patria do Mar, gardián do Auditorio de Lugo, …moito lle queda por facer, non lle fai noxos a nada.
Pero sobre todo é un gran relator, un tradutor enorme e un poeta dos de auga limpa, que son os mellores. Por riba de todo iso, é un amigo, como dixen, deses imprescindibles na xeografía das nosas propias vidas, deses que serve para encontrarte a ti mesmo, cando te atopas perdido. Darío é home enteiro e cabal e eu sempre o vexo acompañado dos seus, da súa muller –aquela mociña de Bueu, a Amelia– e dos fillos, tan estimados. Para min –téñoos así nun lembro– sempre xuntos e aínda que non os vexa todo canto quero, aparecen os catro alá por terras de Romeán gozando da paz da terra e da amizade dos amigos da casa de Rego, onde eu xa ía, sendo pequeno, festexar. Pero Darío, volvendo ao conto, é capaz de arrecadar soños e debullar anceios. Capaz de roer o pó dos camiños e deixar que o seu corazón corra milleiros de soños que un día serán follas de luz, para todos; aclaratorias deste camiñar que, só semella, non chega a ningures. (…)”
A Coruña: palestra A música folk na Galiza, con Baldomero Iglesias (Mero) e Xosé Luís Rivas (Mini)
A sexta feira 7 de abril, ás 19:30 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, Baldomero Iglesias (Mero) e Xosé Luís Rivas (Mini) falarán, dentro do ciclo Língua, Literatura e Naçom, sobre A música folk na Galiza.
Meira: IV Festa da Afirmación e Dignidade
Vídeo da presentación de Doce ducias, de Mero Iglesias
Vilalba: presentación de Doce ducias, de Baldomero Iglesias
Crónica videográfica da Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2016 (III)
A Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria tivo lugar o sábado 19 de marzo na Casa do Saber do Concello de Lugo.
Esta é a crónica videográfica do acto, onde se recollen as seguintes intervencións:
– Francisco Almuíña. Primeira intervención.
– Entrega do Premio Mestres da Memoria a Mini e Mero.
– Francisco Almuíña. Segunda intervención.
– Encerramento da Gala e actuación de “Lúa chea de San Xoán”.
Premios Pedrón para Carmen Mejía e o coro Cántigas da Terra
Desde Sermos Galiza:
“O padroado da Fundación do Pedrón de Ouro concedeulle o Pedrón de Ouro 2016 ao Coro Galego Cántigas da Terra da Coruña e o Pedrón de Honra á filóloga Carmen Mejía Ruiz, presidenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos. (…)
Doutora e profesora titular de Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid, Carmen Mejía exerce a docencia sobre literatura galega, historia da lingua galega, literaturas románcicas e da materia “Literatura e Identidade na península Ibérica”. As súas liñas de investigación son, entre outras, a poesía peninsular comparada, as linguas en contacto e o conflito de identidades culturais minoritarias. É a directora de Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, publicada en Madrid. No Congreso celebrado en Bos Aires en 2015 foi nomeada presidenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos. (…)
O acto de entrega dos Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra terá lugar o próximo 22 de maio nun acto literario no que actuarán de mantedores o musicólogo Baldomero Iglesias, “Mero”, e a profesora da Universidade de Vigo, Ana Acuña, que se celebrará na Casa Museo de Rosalía, en Padrón, ás 12:30 horas.”
A Pobra do Caramiñal: Tecín soia a miña tea, por Ana Hermida
Dramatizacións de poemas de Rosalía de Castro, con cancións da autoría de Baldomero Iglesias, Mero e un monólogo teatral baseado nun texto de Miguel Anxo Fernán-Vello. O espectáculo Tecín soia a miña tea está dirixido e interpretado por Ana Hermida, da Asociación Lisístrata.