Desde
Sermos Galiza:
“O Grupo Literario Leiras Pulpeiro (GLLP) e a Asociación As San Lucas, responsable da organización das Feiras e Festas das Quendas 2014, preparan para o vindeiro 1 de maio un recital poético-musical denominado Mondoñedo é poesía.
Alicia Fernández, Carlos Negro, David Otero, Dores Tembrás, Henrique Rabuñal, Iolanda Aldrei, Isidro Novo, José Juan Ferrero, María Xosé Lamas, Marica Campo, Mario Regueira, Baldomero Iglesias “Mero”, Olalla Cociña, Paco Rivas, Toño Núñez, Xabier Cordal, Xacobo Casal, Xaime Oroza e Xoán Xosé Fernández Abella recitarán no encontro “Mondoñedo é poesía” que contará tamén coa música de Miro Casabella e César Morán, que interpretará poemas de Manuel Leiras Pulpeiro.
Rúas e outros espazos da localidade faranse eco da nova poesía tomando relevo á tradición literaria de Mondoñedo, e evocarán a súa condición creativa vinculada a nomes de relevancia da historia poética galega como Noriega Varela, Álvaro Cunqueiro, Xosé Díaz Jácome ou Manuel Leiras Pulpeiro ademais da coñecida como Escola Poética do Seminario de Mondoñedo no que se inclúen nomes como Xosé Crecente Vega, Aquilino Iglesia Alvariño ou Xosé Díaz Castro. Para reforzar a idea de “concello literario”, as entidades organizadoras lembran que en Mondoñedo se convocan dous premios anuais, o Premio de Poesía Díaz Jácome e o Premio de Poesía Leiras Pulpeiro.
O programa iniciarase ás 13:00 cunha recepción institucional no concello para, despois do xantar, por volta das 18:00 horas comezar os recitais seguindo un itinerario por lugares singulares e de relevancia histórica e literaria como son o Cemiterio Vello, a Praza do Concello, a Praza da Catedral, a Fonte Vella, O Cristo e a Praza Jaime Cabot. A seguir, ás 19:30 será o Auditorio Pascual Veiga o que acolla o recital poético-musical coa intervención de poetas e músicos. O Grupo Literario Leiras Pulpeiro (GLLP) máis a Asociación As San Lucas queren que o 1 de maio Mondoñedo sexa a “capital galega da poesía”.”
Arquivos da etiqueta: Baldomero Iglesias Dobarrio Mero
A Coruña: coloquio e recital poético con Baldomero Iglesias, “Mero”
Ferrol: concerto Miña primeira Rosalía
Santiago: presentación de No papel que mudo escoita, de Baldomero Iglesias, Mero
O
xoves 31 de maio, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo) de Santiago de Compostela, preséntase o libro No papel que mudo escoita, de Baldomero Iglesias, Mero, publicado pola Irmandade Manuel María. No acto, xunto ao autor, participan Xosé Lois García, Mini Rivas, Xulio Xiz, Alfonso Blanco, David Otero e Sabela Arias, contando coa participación musical de Raúl Galego.
San Paio de Narla, Friol: Castronela. Revista oral nº 1
O
sábado 31 de marzo de 2012, a partir das 19:00 horas, no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol, Lugo), terá lugar a presentación da revista oral de periodicidade anual Castronela. Nº 1, cunha duración aproximada de 1 hora e media, baixo a coordinación de Antonio Reigosa. Este é o sumario de contidos:
– Portada musical: Alén do teu recordo (letra: Marica Campo e Mero Iglesias), por Mini e Mero (3’).
– Coleccións do Museo Fortaleza San Paio de Narla: Ao trope e ao paso (útiles de montar), por Mª Rosario Fernández González (10’).
– Música: A Rosiña do Estanqueiro (Parrafeo tradicional), por Mini e Mero (3’).
– Algo de literatura (I): Tres edificios (fragmento), do libro Finísimo pó nas ás, por Xerardo Quintiá (5’).
– Música: Penélope (Letra: Xosé Mª Díaz Castro. Música: Mero Iglesias), por Mini e Mero (3’).
– Algo de historia: O farmacéutico Julio Castro Ves en Friol, por Higinio Martínez Fernández de la Vega (10’).
– Música: Aradiño (letra: Manuel María / Música: Antón Campelo), por Mini e Mero (3’).
– Algo de literatura (II): Tres edificios (fragmento), do libro Finísimo pó nas ás, por Xerardo Quintiá (5’).
– Algo de tradición musical: Xota de Caroi, Muiñeira de Calvos e Mazurca de Lampai, polas Pandereiteiras do CPI Dr. López Suárez de Friol (10’).
– Friol na internet: O blog Friol. Algo máis que pan e queixo, por José Mª Carricoba Armesto e Blanca Castro Gerpe (10’).
– Música: Aquí (letra e música: X. L. Rivas Cruz), por Mini e Mero (3’).
– Algo de literatura (e III): Son de nácara, Volver sobre as cousas, Ir polo camiño e sentir e Mazinguer Z coroado de chorimas, poemas do libro Fornelos & Fornelos. Primeira Fundación, por Xerardo Quintiá (5’).
– Algo de memoria: Tiempo de ilusión. Tiempo de recuerdo, programa da serie Vivir cada día de TVE dirixida por J. Luis Rodríguez Puértolas, emitido o 28 de marzo de 1979. Protagonizado por varios nenos e nenas, a mestra e outras persoas de Friol (12’).
– Música: Canto de berce (tradicional), por Mini e Mero (3’).
– Opinión: Intervención do público (5’).
– Epílogo: por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo (3’).
– Contraportada musical: Crime da Xestosa (tradicional, letra de Prado Lameiro), por Mini e Mero (3’).
Betanzos: presentación de No papel que mudo escoita, de Baldomero Iglesias, Mero
O
xoves 27 de outubro, ás 20:30 horas, no Salón Azul do Edificio Arquivo de Betanzos, terá lugar a presentación do libro de poemas No papel que mudo escoita, de Baldomero Iglesias, Mero. No acto, organizado pola A. C. Eira Vella, interveñen: Xulio Xiz, Alfonso Branco, David Otero, Alfonso Sanmartín e Sabela Arias, acompañando ao autor, xunto á actuación musical de Miro Casabella.
Mañá, 22 de outubro, Polafía no Museo Pazo de Tor (Monforte)
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Rede Museística da Deputación de Lugo, o grupo musical O Trícole e a Asociación Cultural O Colado do Vento (Sober), organiza unha nova edición das Polafías no Museo Pazo de Tor de Monforte de Lemos o sábado 22 de outubro, ás 18:00 horas.
¡Ouh, Casa de Tor,
onde eu soupen o que era vivir nun pazo!
Música, contos, cantos e memoria das tradicións do propio pazo e dos arredores. Contará coa participación de Mini e Mero, O Trícole, Isidro Novo (que lerá poemas de Uxío Novoneyra, Manuel María e Lois Pereiro), as lendas de Alfonso Campos, os contos de Quintín, as historias do pazo de Ángeles Rivada González, a historia do pazo e do museo de Encarna Lago, a memoria de ilustres antergos da casa pacega de Xosé Lois García, os recitados de Marisa Álvarez, as historias dos franceses de Antonio Eirexe e moitas veciñas e veciños da contorna co seu saber contar e cantar.

Monforte: Polafía no Museo Pazo de Tor, o 22 de outubro
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Rede Museística da Deputación de Lugo, o grupo musical O Trícole e a Asociación Cultural O Colado do Vento (Sober), organiza unha nova edición das Polafías no Museo Pazo de Tor de Monforte de Lemos o sábado 22 de outubro, ás 18:00 horas.
¡Ouh, Casa de Tor,
onde eu soupen o que era vivir nun pazo!
Música, contos, cantos e memoria das tradicións do propio pazo e dos arredores. Contará coa participación de Mini e Mero, O Trícole, Isidro Novo (que lerá poemas de Uxío Novoneyra, Manuel María e Lois Pereiro), as lendas de Alfonso Campos, os contos de Quintín, as historias do pazo de Ángeles Rivada González, a historia do pazo e do museo de Encarna Lago, a memoria de ilustres antergos da casa pacega de Xosé Lois García, os recitados de Marisa Álvarez, as historias dos franceses de Antonio Eirexe e moitas veciñas e veciños da contorna co seu saber contar e cantar.
Lugo: presentación de No papel que mudo escoita, de Baldomero Iglesias
Crónica
de Santiago Jaureguizar en El Progreso:
“Un profesor de Dereito compostelán tiña sona de que corrixía trazando unha liña no chan e lanzando os centos de exames ao aire para que o azar decidise entre aprobados e suspensos. Mero, a metade de Mini e Mero, entregou a un azar máis controlado os 2.000 poemas que escribiu nos tres últimos anos. Imprimiunos, repartiuno o paquete en dous e confiou unha metade a Mini e outra a Alfonso Sanmartín para que cada quen escollese un cento. O resultado desa escolma é No papel que mudo escoita, o poemario que presentou onte na galería Sargadelos de Lugo e que foi editado pola Irmandade Manuel María. Mero sinalou que o lugar para a presentación non era aletorio, “pois está na rúa do Progreso, que foi a onde chegamos dende Vilalba e onde botei a infancia”. Ese Lugo de cando era neno e a figura do seu pai son os dous temas maiores do libro. O autor establece o rueiro que trazan os versos coas as rúas Nóreas ou San Pedro. Mesmo bromea destacando que “teño mesmo un poema dedicado ao carteiro que me traía as cartas da muller cando eramos mozos”. A cidade ten presenza importante no texto, aínda que logo recoñece que “sempre me tirou a natureza, polo que, cando podía, escapaba a Garabolos ou á Fervenza, que aínda eran campo”. Tamén fuxía máis aló, ata Duarría ou mesmo a Vilalba. Outro medio de fugarse era a música, que seu pai sempre fomentou, tanto porque era grande afeccionado como “porque dicía que axudaba a liberar as tensións”. No papel que mudo escoita tamén serviu a Mero para rebaixar a tensión porque a creación do libro avanzou paralelamente á enfermidade e pasamento do pai.”
Mini e Mero reciben o Premio Ramón Piñeiro-Facer País
Mini e Mero,
músicos, poetas, mestres e investigadores do patrimonio cultural galego, foron galardoados co Premio Ramón Piñeiro-Facer País na súa décima edición. Xosé Luís Rivas Cruz, Mini, e Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero, actuais compoñentes do grupo A Quenlla, formaron parte tamén de Fuxan os ventos. O xurado, integrado por representantes de 18 asociacións culturais da comarca de Sarria (Lugo) analizou e considerou 29 propostas. O premio foi instituído en 2002 pola Asociación Cultural Val de Láncara para recoñecer o labor senlleiro de persoas e entidades a prol de Galicia. O acto de entrega terá lugar en Láncara (Lugo) o vindeiro 15 de outubro. Os 18 membros do xurado, representantes doutras tantas asociacións culturais da comarca de Sarria, avaliaron o constante labor dos premiados, Mini e Mero, “a prol da creación e recreación do cancioneiro galego e de diferentes manifestacións do noso patrimonio inmaterial, participando de modo individual ou con diferentes grupos no proceso de dignificación e recuperación das máis diversas facetas da expresión musical, incoporando ao seu repertorio creacións de poetas clásicos e modernos xunto con obras propias que gozan de xeral aceptación”. Recoñeceron asemade “o compromiso profesional de Mini e Mero como educadores a prol da galeguización do ensino e dunha escola creadora e non alleante no medio rural” e salientaron “a constante e desinteresada colaboración que os premiados prestan a colectivos culturais tanto de Galicia como da diáspora, levando a mensaxe de loita e solidariedade coas xustas reivindicacións do noso pobo”. Subliñaron por último “a súa activa participación nas actividades de recuperación da memoria histórica”. Nesta décima edición a candidatura de Mini e Mero competiu con outras 28, propostas polas distintas asociacións que colaboran con “Val de Láncara” na organización e concesión do Premio Ramón Piñeiro-Facer País. Reseñado en Xornal, La Voz de Galicia, Cultura Galega.


