Arquivos da etiqueta: Club Faro de Vigo
Vigo: conversa arredor de Un señor elegante, de Suso de Toro
O 3 de febreiro, a partir das 20:00 horas, dentro dos actos organizados polo Club Faro de Vigo, terá lugar a conversa arredor da novela Un señor elegante de Suso de Toro, publicada por Xerais.
No acto, retransmitido vía streaming en www.farodevigo.es, participarán Ramón Nicolás e Suso de Toro.
Vigo: charla-coloquio sobre Zona a Defender, de Manuel Rivas, o 25 de xaneiro
O 25 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Salón de actos do MARCO (Rúa do Príncipe, 54), en Vigo, terá lugar unha charla-coloquio arredor do libro Zona a Defender, de Manuel Rivas, publicado por Xerais. No acto, organizado polo Club Faro de Vigo, participa, xunto ao autor, Manuel Bragado.
Vigo: charla-coloquio: “Estamos diante da idade de ouro da novela negra en Galicia?”
Vigo: charla-coloquio “O lado escuro do corazón”, por Inma López Silva
Vigo: coloquio Os mestres chamando pola democracia
Vigo: mesa redonda-coloquio sobre Rosalía de Castro
Vigo: conferencia “As luces na ‘longa noite’. A literatura galega dende 1936 a 1975”, de Xosé Ramón Pena
O
8 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Areal (Rúa Areal, esquina rúa Oporto), en Vigo, terá lugar a conferencia “As luces na ‘longa noite’. A literatura galega dende 1936 a 1975”, de Xosé Ramón Pena. No acto, organizado polo Club Faro de Vigo, participarán Xosé Ramón Pena e Xosé Luís Méndez Ferrín.






