Arquivos da etiqueta: Concello de Bueu
Bases do XVII Premio de xornalismo Johán Carballeira
Bueu: presentación de Infamia, de Ledicia Costas
Arancha Nogueira gaña o XXII Premio Johán Carballeira de poesía, do Concello de Bueu
“Arancha Nogueira resultou gañadora do XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu polo seu poemario titulado O silencio das gaivotas, polo que se fará con 1500 € e a publicación por parte da Editorial Xerais. O xurado, conformado polas poetas Míriam Ferradáns, Tamara Andrés e Berta Dávila reuniuse na tarde deste domingo e valorou o interese da proposta, “con hábil manexo da sinxeleza e da tenrura, coherencia estrutural dunha historia áxil e luminosa que é quen de conmover pero tamén de deitar achados poéticos”. Destacable é tamén a “honestidade da proposta autorial e a verdade da escrita, e os eixes temáticos aluden a unha revisión do mundo infantil, contemplado desde o rescate do paraíso perdido e do que se conserva del”. (…)”
Aser Álvarez González gaña o XVI Premio Johán Carballeira de Xornalismo do Concello de Bueu
Desde o Concello de Bueu:
“Aser Álvarez González erixiuse gañador do XVI Premio Johán Carballeira de Xornalismo pola súa reportaxe titulada “Ferrín e a poesía do circo”, publicada no xornal dixital www.adiante.gal, polo que se fará con 1500 €. O xurado, conformado por Manuel A. Mosteiro, presidente da Asociación de Amigos de Johán Carballeira de Bueu, e as xornalistas Ana Cabaleiro e Montse Dopico, xustificou a súa decisión en que “como produto xornalístico destaca pola súa orixinalidade e estrutura, así como a relación que establece entre circo, teatro e literatura, ao mesmo tempo que destaca a combinación de xéneros periodísticos”. (…)
En canto á categoría de poesía, na que concorren cincuenta orixinais, o xurado reunirase nos próximos días.
Podedes ler aquí a reportaxe.”