O
venres 29 de abril, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Padrón, terá lugar a presentación do libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de Xosé Ricardo Losada, publicado en Xerais, nun acto organizado polo Concello de Padrón.
Arquivos da etiqueta: Concello de Padrón
Padrón: presentación de Follas novas, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira
O
mércores 24 de febreiro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Padrón (Campo do Souto, 2), preséntase a edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, a cargo de Anxo Angueira, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor do estudo crítico da obra, participan Manuel Bragado, Chus Senín Fernández e Antonio Fernández Angueira. Ao remate da presentación terá lugar un concerto do grupo musical Xardín desordenado.
Bases do II Certame Poético Rosalía de Castro do Concello de Padrón
Eli Ríos gaña o I Premio de Poesía Rosalía de Castro con Café intenso
Valga-Padrón: Que inchadiña branca vela, homenaxe a Rosalía de Castro
QUERES PARTICIPAR?
Queres unirte á subida en dorna ata Padrón como homenaxe a Rosalía o 12 de xullo?
a) SUBE CON NÓS
Como facelo?
1. Comparte o cartel da remontada no Facebook ou no Twitter co hashtag #DornasRosalía
2. Logo envíanos os teus datos de contacto a fundacionrosaliadecastro@gmail.com antes do 10 de xullo ás 12 do mediodía.
3. Participarás nun sorteo de 2 convites dobres para vires con nós na subida a dorna.
VENTE VERNOS
1. Podes acompañarnos na saída (praia de Vilarello), na chegada (Padrón) ou ao longo de todo o traxecto (ver mapa)
2. Se nos fas fotos ou gravas vídeos e nolos mandas (fundacionrosaliadecastro@gmail.com) podes gañar un convite para o ano que vén (conseguirao quen consiga máis gústames no Facebook).
Padrón: Que inchadiña branca vela, homenaxe a Rosalía de Castro
A
Fundación Rosalía de Castro, a Asociación Cultural Dorna da Arousa e o Concello de Padrón organizan o mércores 24 de xullo, unha homenaxe da cultura marítima e fluvial galega a Rosalía de Castro, co seguinte programa:
– 15:00 horas. Saída das embarcacións tradicionais da praia fluvial de Vilar (Cordeiro – Valga). Navegación fluvial a vela remontando o Ulla cara ao Sar.
– 18:00 horas. Arribada ao Espolón, en Padrón, e flamexar de velas diante da estatua de Rosalía. Recepción do Concello no Espolón.
– Música tradicional.
– Ofrenda floral diante da estatua.
Desde o día 15 de xullo estará exposta e aparellada nos xardíns da horta da Casa de Rosalía na Matanza a dorna Rosalía da A. C. Dorna da Illa da Arousa.
Padrón: homenaxe a Rosalía de Castro
A
Fundación Rosalía de Castro e o Concello de Padrón organizan o sábado 20 de xullo, a partir das 20:00 horas, no Espolón de Padrón, ao pé da estatua de Rosalía, un acto de homenaxe á poeta, co seguinte programa:
– Lembranza histórica dos actos de 1957 e 1958, polo secretario da Fundación, Xosé Carlos Beiró.
– Intervencións de Maruxa Sanmartín e Pitusa Vidal Cabanillas.
– Entrega da bandeira de Camilo Agrasar á Fundación, coa intervención de Luís González Tosar e Xosé Luís Axeitos.
– Audición da voz de Otero Pedrayo (1958).
– Evocación e testemuña dos actos dos anos 1957-58, por Xosé Luís Méndez Ferrín.
– Intervencións de Anxo Angueira (Presidente da Fundación) e Antonio Fernández Angueira (Alcalde de Padrón).
– Rosalía entre nós, homenaxe dos nenos e nenas de Padrón, coa dirección de Iolanda Eiras.
– Actuacións de A Reixeira e Juan Ordóñez.
– Himno galego.
Gustavo Pernas acada o XII Premio Teatral Maruxa Villanueva
Desde
Cultura Galega:
“A súa interpretación en Snakizados (Ancora Producións) acaba de valerlle a Gustavo Pernas Cora (Viveiro, 1959) o XII Premio Teatral Maruxa Villanueva, concedido polo Concello de Padrón con 1.200 euros, diploma e un busco de bronce de Maruxa Villanueva. O xurado destacou do galardoado a traxectoria multifacética así como a súa firme vontade de resistencia en “tempos agresivos para as artes escénicas”.”
Concellos que acordaron celebrar o Día de Rosalía de Castro (III)
A
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega agradece o compromiso das corporacións provinciais e municipais que acordaron nos seus plenos celebrar o Día de Rosalía de Castro:
– Concello de Muros.
– Concello de Narón.
– Concello de Padrón.

