Entrevista a David Cortizo Conde en Diario de Pontevedra:
“(…) – Diario de Pontevedra (DP): Por que decide publicar agora [Púrpura Tero]?
– David Cortizo Conde (DCC): Decidir publicar decidiuno a editorial Galaxia, cando recibiu o texto con alegría. Por que me decidín eu a mandarllo? Supoño que cheguei a esa fase vital. Comecei a escribir esta historia hai anos, pero non pensara en publicala, entre outras cousas, porque estaba metido en labores editoriais. Nun momento no que quedei desvinculado dos selos foi cando me decidín a acabar a historia. Deixeina durmindo un tempo e despois foi cando lla enviei a Galaxia, a editorial decana de Galicia. Así que non decidín publicar, decidín enviar un libro a ver se mo publicaban.
– DP: A sociedade actual parece empurrar a facelo todo canto antes. Sen embargo, vostede agardou aos 46 anos para debutar na literatura.
– DCC: Si que é verdade. Pero eu dende neno sempre quixen facer estas cousas.
– DP: É deses autores que escribe e vai gardando os textos nun caixón?
– DCC: Non exactamente. Porque nunca rematei nada. Por varias razóns. Unha pode ter que ver con que lía moitísimo e vía que o que eu escribía non chegaba a ese nivel de literatura que tiña nas mans. Pero fun rebaixando o nivel de esixencia. Despois de doce anos como editor pensei que xa había un nivel ao que podía chegar. Por iso a tardanza: durante anos pensei que non chegaba ao nivel e agora penso que si. E, á parte, si que son unha persoa que adoita ter bastante calma e paciencia. Penso que hai que ir poñendo un pé diante doutro e que as cousas van chegando unha por unha. Non tiña ningunha présa por publicar. (…)”
Arquivos da etiqueta: David Cortizo Conde
Arzúa: presentación de Púrpura Tero, de David Cortizo Conde
Compostela: presentación de Púrpura Tero, de David Cortizo Conde
Pontevedra: presentación de Púrpura Tero, de David Cortizo Conde
Compostela: presentación de Desaparecer, de Pilar García Rego
Pontevedra: presentación de Os mortos que amei, de Iria Collazo López, na Libraría Paz
Compostela: acto de entrega de Socia de Honra de Gálix 2024 a Gloria Sánchez
Gloria Sánchez, Socia de Honra de Gálix 2024
Compostela: Xornadas Gálix. Desfacendo a Raia XIII. O humor como recurso infalible nas aulas
Entrevista a Fina Casalderrey no Diario Cultural da Radio Galega
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Este 2024 Fina Casalderrey é finalista de dous dos premios máis importantes do mundo na literatura infantil Hans Christian Andersen e Astrid Lindgren. Neste Diario Cultural entrevistamos a escritora Fina Casalderrey e a David Cortizo, o presidente de Galix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. Pode escoitarse aquí.”