Arquivos da etiqueta: Deputación da Coruña
Obras finalistas da Gala do Libro Galego 2017
A
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia dan a coñecer as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2017, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia. As obras gañadoras, sen dotación económica, serán determinadas por un xurado externo e daranse a coñecer o vindeiro 20 de maio na Gala do Libro Galego 2017, que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
As obras que resultaron finalistas son:
Ensaio
- Os últimos carballos do Banquete de Conxo. De H. Alvarellos, X. Martínez, F. Singul, M. Souto. Alvarellos Editora – Consorcio de Santiago
- A nosa Terra é Nosa!. A xeira das Irmandades da Fala… De Emilio Xosé Ínsua López. Baía Edicións
- Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María. De Mercedes Queixas. Editorial Galaxia
- Oiko-nomía do xénero. Relato das clausuras. De Rebeca Baceiredo. Axóuxere Editora
- O TTIP. Un cabalo de Troia contra a nosa soberanía. De VVAA. Edicións Laiovento
Narrativa
- O espello do mundo. De Ramón Nicolás. Edicións Xerais de Galicia
- Non é París. De María Canosa. Ediciones Bolanda
- A ferida do vento. De Antón Riveiro Coello. Editorial Galaxia
- Aqueles días en que eramos malas. De Inma López Silva. Editorial Galaxia
- Non hai outro camiño. De Isaac Xubín. Edicións Xerais de Galicia
- Todo canto fomos. De Xosé Monteagudo. Editorial Galaxia
- O Alfaiate Portugués. De Francisco Xavier Senín Fernández. Editorial Galaxia
Literatura Infantil e Xuvenil
- A casa do medo. De Agustín Fernández Paz. Editorial Rodeira
- Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. De Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia
- O soño do Merlo Branco. De Agustín Fernández Paz. Ilustracións de Lucía Rodríguez Cobo. Edicións Xerais de Galicia
- Marta e a píntega. De Eli Ríos. Ilustracións: Patricia Román. Editorial Galaxia
- A soidade das medusas. De: Iria Collazo López. Editorial Galaxia
Libro ilustrado
- Canta connosco. De Óscar Villán. Kalandraka Editora
- Marcopola 4. Avoa Power. De Jacobo Fernández Serrano. Edicións Xerais de Galicia
- Aire. María Fumaça. VVAA. Ilustracións de Pablo Pastor. Editorial Galaxia
- Presas fáciles. De Miguelanxo Prado. El Patito Editorial
- Os lapis primos. De José A. Ramírez Lozano, Natalie Pudalov. OQO Editora
Iniciativa bibliográfica
- De catro a catro. Manuscrito inédito. De Manuel Antonio. Edición de Anxo Tarrío Varela. Alvarellos–Consorcio de Santiago
- Bolxeviques 1917-2017. VV AA. Edicións Xerais de Galicia
- Será correcto? De Concha Blanco, María Canosa. Hércules de Ediciones
- Aulas sen paredes. De Rosalía Fernández Rial. Edicións Positivas
- Traxes na Galiza. Paula Gómez del Valle. Cunca Editora
Tradución
- A boca pobre. De Flann O’Brienn. Tradución: Isaac Xubín. Rinoceronte Editora
- Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña. Anónimo. Tradución: Henrique Harguindey Banet. Rinoceronte Editora
- Cando os nenos din basta! De Francesco Tonucci. Tradución: Mónica Baleirón, Rut Vázquez. Kalandraka Editora
- A contrafío. De Joris-Karl Huysmans. Tradución: Isabel Soto. Editorial Hugin e Munin
- Laura das Neves e a sociedade literaria dos nove. De Pasi Ilmari Jääskeläinen. Tradución: Tuula Ahola e Tomás González Ahola. Urco Editora
- O día da langosta. De Nathanael West. Irmás Cartoné
Poesía
- Cinepoemas. De Claudio Rodríguez Fer. Ouvirmos
- Rosa Tántrica. De Luz Pozo Garza. Alvarellos Editora
- O cuarto das abellas. De Antía Otero. Edicións Xerais de Galicia
- Suicidas. De Fran Cortegoso. Chan da Pólvora
- A relixión do mar. De Xosé Iglesias. Instituto de Estudos Miñoráns
Teatro
- A filla de Woody Allen. Pequenos actos pseudorrevolucionarios. O Furancho. De Santiago Cortegoso Calvar. Edicións Morgante
- Nunca paraíso. Teatro breve 1973-2015. De Manuel Lourenzo. Edicións Xerais de Galicia
- As terapias da doutora Ledicia. De Raquel Castro. Editorial Galaxia
- Voaxa e Carmín. De Esther F. Carrodeguas. Difusora de Letras, Artes e Ideas
- Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada. De Carlos Labraña. Editorial Galaxia
Iniciativa cultural ou de fomento da lectura
- Salón do Cómic da Coruña
- Ciclo Vermú entre libros (Libraría Paz)
- Chan da Pólvora
- Espazo Lectura (Gondomar)
- Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
- Festigal
Proxecto literario na rede
- Brabádegos. Portal de Literatura infantil e xuvenil, de Romina Bal
- Poétic@, de Fran Alonso
- Os Bolechas
- A Sega. Plataforma de Crítica Literaria
- BiosBardia. O país dos libros en galego
- Caderno da crítica, de Ramón Nicolás
Xornalismo Cultural
A Gala do Libro Galego 2017 conta co apoio do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e Xunta de Galicia.
Bases do XXIX Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega
Bases do XI Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil
Bases do XI Premio Manuel Murguía de Ensaio
Bases do XVIII Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais
Bases do XII Premio Castelao de Banda Deseñada
A Deputación da Coruña homenaxea a Begoña Caamaño e Fran Pérez, Narf, dándolle os seus nomes a dous premios de Cultura
Desde
a Deputación da Coruña:
“A escritora Begoña Caamaño dará nome ao novo premio que recoñecerá persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven a igualdade de xénero e o músico Fran Pérez, Narf, ao certame de grupos e artistas musicais da área de Cultura da Deputación da Coruña. A vicepresidenta e deputada de Cultura, Goretti Sanmartín Rei, presentou as novas convocatorias acompañada de tres persoas moi vinculadas cos dous artistas, Uxía, Bea Caamaño e Josemari Etxaniz.
“Os dous premios buscan dialogar coa contemporaneidade, que a xente nova se achegue a estas grande figuras que nos deixaron en momentos magníficos das súas traxectorias artísticas, persoas que tiñan un gran futuro que queremos trasladar ás novas xeracións porque consideramos que as súas obras deixan xermolos para que a xente nova se encardine nelas”, dixo Goretti Sanmartín Rei no acto de presentación dos premios no que estivo acompañada de Uxía, que mantiña cos dous unha intensa relación de amistade e de proxectos comúns, e de Bea Caamaño e Josemari Etxaniz, irmá e compañeiro de Begoña Caamaño.
A responsábel da área de Cultura da Deputación destacou o novidoso do premio Begoña Caamaño que busca recoñecer persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven socialmente a igualdade de xénero desde o pensamento feminista e desde o campo da cultura. “Recolle os ámbitos en que Begoña Caamaño traballou na súa vida como activista feminista e cultural, comprometida cos dereitos das mulleres e na súa faceta de escritora”, explicou Goretti Sanmartín. Sigue lendo
Vedra: XIV Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia
Bases do XVI Certame de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos
“1. Poderán concorrer ao Certame de Relato de Aventuras todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, cun único traballo en galego de temática libre que sexa inédito, encadrado no relato de aventuras.
2. A obra, cunha extensión entre 70.000 e 100.000 caracteres, presentarase por cuadriplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados sen firma e cun lema e utilizando o sistema de plica.
3. O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 7 de abril de 2017.
4. Os traballos serán remitidos ao enderezo: Concello de Noia. Rúa Rosalía de Castro, 2 – 15200, Noia (A Coruña)
5. Estabelécese un único premio de 3.000 euros, ademais dunha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa, e a publicación da obra gañadora por parte do Excmo. Concello de Noia. O importe do premio estará suxeito á lexislación fiscal vixente. O premio está consignado na partida 334.48003, atopándose retido o crédito necesario.
A entrega do premio realizarase mediante transferencia bancaria ao gañador/-a, que deberá achegar ao Concello de Noia a certificación emitida polo banco correspondente á súa conta. Unha vez presentada a certificación, o Concello disporá de dez días hábiles para a realización efectiva do pagamento.
6. O xurado terá todas as facultades para a decisión do premio, que poderá quedar deserto, para interpretar as bases e a súa decisión será discrecional e baseada en criterios de valoración literarios e lingüísticos. Estará composto polo alcalde do Concello de Noia, ou persoa na que delegue, que actuará como presidente, un membro da revista de creación literaria e cultural Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia, un traballador/a municipal que actuará como secretario/-a sen voto e tres vogais, nomeados/-as entre persoas de recoñecido prestixio no eido das letras galegas. O xurado emitirá publicamente o seu veredicto o día 19 de maio de 2017.
7. Os traballos non premiados serán devoltos, previa solicitude, e os restantes serán destruídos transcorridos vinte días desde a data do veredicto do Certame. Non poderán participar neste certame os autores premiados en edicións anteriores.
8. Estabelécese que a Editorial Toxosoutos publicará a obra galardoada renunciando os autores/as aos dereitos da primeira edición, tanto en galego como noutros idiomas de posible publicación por parte da devandita editora.
9. O feito de concorrer ao Certame implica a aceptación destas bases.”











