Arquivos da etiqueta: Deputación de Ourense
Celanova: presentación de A palabra salvaxe, de Jorge Emilio Bóveda
Ourense: presentación de Na escuridade das ondas, de Fernando Patricio Cortizo
Luís Álvarez Pousa, recoñecido co Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo
Desde Tempos Dixital:
“O director da revista Tempos Novos, Luís Álvarez Pousa, vén de recibir o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo na súa vixésimo terceira edición. O xurado salienta no seu fallo a súa longa e intensa traxectoria profesional e a súa contribución á formación das primeiras promocións de xornalistas galegos, alén do seu compromiso co xornalismo cultural e a súa capacidade para xerar pensamento e debate na revista. Destácase no fallo a traxectoria desta publicación, que saíu do prelo ininterrompidamente dende 1997 xuntando ata agora 329 números.
O xurado estivo presidido polo vicepresidente 2º e deputado de Cultura da Deputación de Ourense, César Fernández. Contou como vogais con Emma Torres, decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra; Ana Isabel Rodríguez, decana da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela; Silvia Viqueira, da Asociación de Xornalistas de Santiago, en representación da Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE); e José Manuel Rubín en representación do Colexio de Xornalistas de Galicia. Foi secretario do xurado o asesor do Gabinete de Comunicación da Deputación, Alberto Carnero. (…)”
Celanova: encontro literario con Anxo Angueira arredor da Poesía reunida de Xosé Luís Méndez Ferrín
Allariz: concerto de Radio Océano e Xurxo Souto coa poesía de Vicente Risco
Ourense: ciclo de conferencias arredor de Prisciliano
Antonio Yáñez Casal, gañador do XX Premio Pura e Dora Vázquez de Narración
Desde Nós Diario:
“Antonio Yáñez Casal, baixo o pseudónimo Maceteum, resultou gañador do XX Premio Pura e Dora Vázquez de Narración coa obra Azul cobalto. Yáñez Casal xa gañara este certame na súa XIV edición, no ano 2016, coa obra Do meu nome e outras traballadas. O Premio Pura e Dora Vázquez de literatura está dotado con 3.000 euros, recuperándose así o importe inicial deste certame.
O xurado destaca de Azul cobalto que vai dirixida a un público xuvenil, “sendo unha obra moi orixinal cunha temática rompedora. Que é doada de ler e engancha moito. Ten unha linguaxe e un estilo moi coidados. Destaca valores como o traballo en equipo e a perseveranza. Enxalza o poder dos soños como memoria e destaca a importancia da lectura para poder entender as cousas”.
O xurado, que sinala a calidade de todas as obras presentadas, estivo composto por un representante de cada un dos grupos políticos da Deputación de Ourense: David Canda Castro representando ao grupo PP; David Manuel Alvarado Roales representando ao grupo PSOE; Xosé Antón Dorrío Vázquez representando ao grupo DO, e Isabel Mociño González representando ao grupo BNG, actuando como presidente César Fernández Gil, deputado de Cultura da Deputación provincial e como secretaria Ana M.ª Malingre Rodríguez, xefa de sección de Arquivo e Publicacións da Deputación de Ourense. (…)”