O
domingo 3 de outubro, ás 17:30 h., no Centro Sociocultural das Fontiñas, en Santiago de Compostela, preséntase Pel con pel, que recolle case corenta fotos presentadas ao II Concurso sobre Lactancia Materna que organizou Fedegalma e a Editorial Galaxia, acompañadas por textos literarios. No acto participan Dores Tembrás, Marta Dacosta, Begoña Caamaño, Ledicia Costas, Francisco Castro, Eduardo Estévez e Alfredo Ferreiro, autores de parte dos textos publicados neste libro, no que tamén escribiron Xosé María Álvarez Cáccamo, Román Raña, e Yolanda Castaño.
Arquivos da etiqueta: Dores Tembrás
Santiago: recital Camiño de Oz
O sábado 21 de agosto, ás 19:30 horas, desenvólvese o recital de poesía galega contemporánea Camiño de Oz, con Emma Pedreira, Dores Tembrás, Begoña Regueiro, Xurxo Fernández Martíns e Ana Cibeira. O acto, presentado por Teresa Seara, celébrase na Praza de Cervantes, de Santiago, sendo organizado pola Libraría Couceiro.
A Coruña: World slam title, regueifa poética entre Antía Otero e Dores Tembrás
O domingo 1 de agosto, ás 13:00 h., Antía Otero
e Dores Tembrás contenderán nunha regueifa poética para conseguir o World Slam Title, organizado cada primeiro domingo de mes polo Café Bar O’Delito (rúa Tabares, 1) da Coruña. A entrada será libre até completar capacidade.
A Coruña: presentación d’ O pouso do fume, de Dores Tembrás
Este venres 23 terá lugar a presentación ás 17:30 na sala Marylin do Forum Metropolitano do poemario O pouso do fume (Espiral Maior), de Dores Tembrás.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/fs63BHJ8CrM" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Luz Pozo, Eva Veiga, Emma Pedreira, Luis García Montero, Dores Tembrás e Xavier Seoane (foto)
Participantes e asistentes ao ciclo “Poetas di(n)versos“, comandado por Yolanda Castaño e organizado pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña. Máis fotos en O levantador de fotos.
A AELG en Achegarte: Dores Tembrás (vídeo)
Entrevista a Dores Tembrás na Feira Achegarte.
Culleredo: presentación do libro O pouso do fume
A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo organiza o próximo mércores 16 de decembro de 2009, ás 20.00 h, na Biblioteca de Poesía “Uxío Novoneyra” (Pazo de Vila Melania, Vilaboa, Culleredo), o acto de presentación do libro O pouso do fume, de Dores Tembrás. No transcurso do acto tomarán a palabra Celestino Poza Domínguez, concelleiro de Cultura; Miguel Anxo Fernán Vello, poeta e editor; Eva Veiga, poeta, e Dores Tembrás, autora.
A Coruña: recital poético Do máis fondo do silencio saen voces

A Coruña: recital de poesía no Centro Caixanova

A Coruña: presentación d’ O pouso do fume, de Dores Tembrás
O 30 de abril, ás 20:00 na galería Moret Art (Olmos, 12-14), terá lugar a presentación do poemario O pouso do fume (Espiral Maior), de Dores Tembrás. O acto contará coa presenza de Teresa Seara, Eva Veiga e o escritor e editor Miguel Anxo Fernán Vello.
