O
xoves 12 de maio, ás 20:00 horas, no Café Badía (Rúa Sanjurjo Badía, 240), en Vigo, preséntase Moraime. Pequena vila con mar, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, publicada en Positivas. No acto, xunto ao autor, participa Francisco Macías. As persoas que así o desexen poderán ler contos do libro.
Arquivos da etiqueta: Edicións Positivas
Cangas: presentación de Moraime. Pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón
O
xoves 28 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Wells (Praza do Arco), en Cangas de Morrazo, preséntase Moraime. Pequena vila con mar, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, publicada en Positivas.
Compostela: D4a4, con Eduardo Estévez, Rosalía Fernández Rial, Miguel Mato e Paco Souto
O
venres 22 de abril, ás 20:30 horas, no Vide, Vide (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10, baixo), en Compostela, terá lugar o evento D4a4: 4 obras | 4 autor@s | 4 editoras, onde se presentarán Entrar na casa, de Eduardo Estévez, publicado en Estaleiro; Ningún amante sabe conducir, de Rosalía Fernández Rial, publicado en Positivas; Terra fría, de Miguel Mato, publicado por Caldeirón; e e Caín, de Paco Souto, publicado en Laiovento. A entrada é libre.
Emma Pedreira obtén o VII Premio de Erotismo Narrativas Quentes
Desde
Positivas:
“O xurado vén de informar que a obra gañadora da VII edición do premio Narrativas Quentes é a titulada Corazón e demais tripas, da que é autora Emma Pedreira, autora de longa traxectoria.
Esta experiencia da autora, principalmente como poeta, nótase na excelente escrita, na fermosura das súas descricións e na precisión da linguaxe. Os rexistros son múltiples, desde os próximos ao realismo máis brutal ate a prosa poética. Sempre hai unha contención para deixar abertas outras posibilidades. Contención rodeada sempre de certo misterio. (…)”
Bueu: presentación de Moraime. Pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón
Xosé Henrique Rivadulla Corcón: “A Costa da Morte non tería a súa maxia sen os escritores”
Entrevista
a Xosé Henrique Rivadulla Corcón en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿Por que Moraime [Moraime, pequena vila do mar]?
– Xosé Henrique Rivadulla Corcón (XHRC): De Moraime o único que ten é o título. A vila da que falo é un lugar ficticio. Ao buscar o nome veume este nome porque eu son de Muxía, e Moraime é un lugar emblemático para min, unha referencia na miña vida. Alí íamos de cativos a entrar nos hortas, coller o millo para asalo… é un sitio mítico e moi especial. (…)
– LVG: E sempre coa Costa da Morte de pano de fondo. ¿Sería vostede hoxe un escritor se non existise a Costa da Morte?
– XHRC: Penso que non. A miña orixe literaria parte claramente de Muxía. Hai un feito moi concreto que me marca como escritor. En 1975, cando tiña 13 anos, descubrín a Rosalía de Castro dun xeito consciente a través da música de Amancio Prada. E foi a través dun mariñeiro, Alejandro O Fundador, que trouxo unha casete ao grupo de amigos, lamentablemente el xa non está. Así empezou a miña necesidade de escribir. ¿Pero sabes que?
– LVG: Diga.
– XHRC: Aínda que é certo que moitos escritores e artistas non o serían sen a Costa da Morte, a Costa da Morte non sería o que é sen os artistas. A través desa literatura, e tamén escultura e pintura, esta zona non tería esa maxia tan especial sen os escritores e demais artistas. Para min en Galicia iso acontece con outras dúas zonas como son a Terra Cha e o Courel.”
Betanzos: presentación de Moraime, pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón
X. H. Rivadulla Corcón presenta Moraime, pequena vila con mar
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“O libro, publicado por Edicións Positivas, reúne as historias que o autor escribiu para o programa ‘Un día por diante’ da Radio Galega. A entrevista pode escoitarse aquí.”
A Coruña: presentación de Moraime, pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón
O
venres 19 de febreiro, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32) da Coruña, preséntase Moraime, pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón, publicada por Positivas. No acto, xunto ao autor, participa Francisco Macías.
Bases do VII Premio de Erotismo Narrativas Quentes
“Convocado o VII Premio de erotismo Narrativas Quentes, coas seguintes
BASES
1. Poderá concorrer a este premio calquera obra narrativa inédita, sexa novela ou relatos, cunha extensión mínima de 60 folios mecanografados a dobre espazo e máxima de 150, que estea escrita en lingua galega, e que a temática sexa o erotismo.
2. Os traballos presentaranse por triplicado. Deberanse incluír nun sobre á parte o nome, enderezo, teléfono e email, e unha fotocopia do DNI. As obras irán con pseudónimo ou lema.
3. Prazo de presentación: 31 de marzo de 2016.
4. Haberá un único premio que consistirá na publicación do texto premiado. Dito premio pode quedar deserto.
5. O fallo do xurado farase público o 20 de abril de 2016.
6. A obra será publicada no mes de maio de 2016.
7. Os orixinais non premiados non serán devoltos.
8. As obras a concurso e a documentación relativa enviaranse ao seguinte enderezo:
POSiTiVAS
VII PREMIO NARRATIVAS QUENTES
Rúa das Carretas, 18, baixo
15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA”

