Iria Misa: “Non hai que dar aos rapaces unha idea dun mundo idealizado que non existe”

Entrevistairia-misa a Iria Misa en Disquecool:
“(…) – Disquecool (D): Como naceu a idea de Xa non estou aquí?
– Iria Misa (IM): Hai uns anos, cando comezaba a escribir, ocorréuseme esta idea dunha moza que desaparecía e que me falaba a min directamente. Sempre me impactaron moito estas noticias das desaparicións e xurdiu esa voz, que eu sabía que quería saír da miña cabeza, pero non tiña moita idea de como facelo. Era unha rapaza, que eu imaxinaba nun monte, perdida, e que falaba da súa vida. Ao longo dos anos, esa idea fun retomándoa, intentando experimentar algo con ela, e deixándoa cando non me convencía… Quizais é unha das primeiras historias que empezaron a saír das miñas teclas, sempre estivo aí no trasfondo. Hai dous ou tres anos retomeina de novo e á fin conseguín darlle a voz propia que eu quería e sacar a historia adiante. (…)
– D: E como é escribir para adolescentes, como diferencias?
– IM: É para adolescentes pero tamén o poden ler os adultos, aínda que eu escribín para eles e nada me faría máis ilusión que que aos rapaces lles gustase. Escribes para adolescentes facendo un exercicio de memoria e desfacéndote de moitos prexuízos que ao mellor cos anos fuches collendo. E hai moitas cousas que son igual que hai 20 anos, cando nós eramos novas. (…)
– D: Estás metida en algo?
– IM: Sempre hai algo que pode estar en proceso de xestación. Na cabeza, documentándote, escribindo, en paréntese porque estás saturado… Espero que sexa o comezo dun camiño no que poida seguir escribindo, que me axude a organizar a miña vida. Saber que teño esas horas de escribir e que se non o fago sinto como que me falta algo. (…)”

Entrevista a Xosé Ramón Pena no Diario Cultural

DesdeXosé Ramón Pena o Diario Cultural da Radio Galega:
“”Un dos aspectos a destacar deste periodo é o afán da procura dunha estética nacional”. Xosé Ramón Pena presenta o volume 3 da Historia da Literatura Galega, que comprende de 1916 a 1936. Pode accederse á entrevista aquí.”

María Reimóndez: “O único non realista da novela é o final”

EntrevistaMaría Reimóndez a María Reimóndez en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Abusos sexuais, corrupción, prostitución. ¿É o libro [A dúbida] un retrato demasiado amargo da sociedade actual?
– María Reimóndez (MR): É un retrato realista da sociedade na que vivimos, que non queremos moitas veces recoñecer. E un dos problema máis importantes á hora de falar de abusos sexuais a menores é precisamente esa invisibilidade da propia situación. Esta novela busca poñer ás persoas que len na situación de dubidar do que nos rodea. (…)
– LVG: ¿Unha novela tan dura é necesario que remate moderadamente ben?
– MR: É importante dende o punto de vista de que, por desgraza, aínda que hai moitas persoas que non somos vítimas de abusos sexuais na infancia, si que hai moitas que foron. A literatura tamén está creando sociedade, e dende ese punto de vista hai que ter coidado coas mensaxes que se transmiten, e ter respecto polas persoas que pasan por este tipo de situacións. Por desgraza, a novela nese punto ao mellor é o único non que non é realista porque é certo que a maior parte de dos casos de abusos sexuais primeiro, non chegan ao sistema xudicial; segundo, o trato que reciben as vítimas é próximo ao horror, e hai informes bastante explícitos ao respecto; e na maioría dos casos, ademais tampouco se consigue chegar a unha situación de xustiza. Pero considero que iso non é o ideal, e que tamén é unha maneira de crear unha narrativa distinta sobre o que debería ser. (…)”

Entrevista a Iria Misa, autora de Xa non estou aquí

Desde iria-misao Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Pilar García Rego entrevista a Iria Misa, autora de Xa non estou aquí, obra gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016. Xerais acaba de publicar o libro, que ten como protagonista a Ánxela, unha moza que repite primeiro de bacharelato obrigada polos seus pais. A historia versa sobre as inseguridades típicas da adolescencia. Pode accederse á entrevista aquí.”

Izan o da saca, de Xabier Quiroga, faise co Premio San Clemente

DesdeXabier Quiroga Cultura Galega:
“O xurado de estudantes de Secundaria formado por alumnos de once centros diferentes, seis deles de outros países, fallou o seu ditame. Pierre Lemaitre, por Irène; Sara Mesa, por Cicatriz; e Xabier Quiroga, escritor e docente en Lalín, por Izan o da saca (Edicións Xerais), resultaron es elixidos nesta XXIIª edición do premio que ten o patrocinio de Abanca. Os Premios San Clemente elíxense cun xurado netamente estudiantil no que participan nesta edición alumnos do Instituto Rosalia de Castro de Santiago, outros catro centros de Galicia e seis centros de Inglaterra, Francia, Alemania, Portugal, Estados Unidos e Rusia.”