O
martes 2 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase 55, de Xavier Queipo, publicado por Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Agustín Agra e Manuel Bragado.
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Tabela dos Libros de setembro, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Un curso máis, comeza a andaina da Tabela dos Libros. Nela figuran seleccionados os volumes que Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo estimamos como os máis recomendables entre os publicados dende o comezo do verán ata aquí.»
Booktrailer de Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar Landeira
Carballo: actividades do domingo 31 na Praza dos Libros
Finaliza
esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que ten lugar no Xardín Municipal do 28 ao 30 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h. Dentro dos actos previstos para o domingo 31, destacamos os seguintes:
– 12:30 h. Presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado por Xerais, coa presenza do autor, acompañado por Rosalía Fernández Rial.
– 18:30 h. Presentación-recital dos poemarios Chamádeme Eva, de Mercedes Leobalde, e Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, publicado na A. C. Caldeirón.
– 19:30 h. Presentación do libro Os Bolechas en Carballo.
– 20:30 h. Presentación de Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar Landeira, publicado en Xerais.
Malpica: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O
sábado 30 de agosto, ás 20:30 horas, na Casa do Pescador (Avenida Emilio González) de Malpica, Xurxo Souto presenta Contos do mar de Irlanda, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan José Carrillo e Selina Otero.
Ramón Vilar Landeira: “Quero ir máis aló dos titulares, contar historias persoais”
Entrevista
a Ramón Vilar Landeira en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Está a ter boa acollida [Os televisores estrábicos]?
– Ramón Vilar Landeira (RVL): Si, para min é toda unha sorpresa. A editorial quixo apostar forte pola promoción deste libro e estamos a ter un bo nivel de vendas. Leva dous meses e medio á venda e está preto de terminarse a primeira edición.
– LVG: Este é o seu primeiro libro. Gustaríalle seguir escribindo?
– RVL: Si, eu levo traballando como xornalista catorce anos e gañei algún premio literario. Escribir é a miña paixón. Nunca me atrevera a publicar, dábame algo de vertixe. Este ano decidín enviar o libro á editorial Xerais e para a miña sorpresa, encantoulles.
– LVG: Sobre que tema lle gustaría escribir?
– RVL: Teño moitas ganas de escribir unha novela, supoño que será o seguinte paso. Pero o momento vital no que estou non me deixa moito tempo para escribir. Teño dous nenos pequenos e traballo como xornalista. Gustaríame escribir sobre a corrupción en Galicia, creo que ese tema podería dar para moito.”
Corme: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O
xoves 28 de agosto, ás 20:00 horas, no Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (Rúa Real, 14) de Corme, Xurxo Souto presenta Contos do mar de Irlanda, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Serafín Mourelle.
Foz: acto destacado do venres 29 na Feira do Libro
O
venres 29 de agosto continúa a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde de Fontao, con horarios de 17:30 a 22:00 horas). Dentro dos actos programados, destaca o seguinte:
– 20:00 h. Presentación do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado por Xerais.
Foz: acto destacado do xoves 28 na Feira do Libro
O
xoves 28 de agosto comeza a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde de Fontao, con horarios de 17:30 a 22:00 horas). Dentro dos actos programados, destaca o seguinte:
– 20:45 h. Presentación do libro Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar Landeira, publicado en Xerais.


