O
venres 25 de setembro, ás 20:00 horas, no Café Badía (Rúa Sanjurjo Badía, 240), en Vigo, terá lugar a presentación do libro Muros de aire, de An Alfaya, publicado en Xerais. No acto participan, xunto á autora, Ramón Nicolás e Manuel Bragado.
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Compostela: presentación de Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas
O
xoves 24 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa da Travesa, 7, baixo) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas, publicado en Xerais. No acto participan, xunto á autora, Antonio Manuel Fraga e Manuel Bragado.
Ourense: presentación de A galera de Xelmírez, de Xabier Paz
Antonio Tizón: “Escribín sobre a bipolaridade, pero foi máis raro dar clases de biónica”
O escritor Ramón Vilar gaña o XX Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela
Desde
La Voz de Galicia:
“O xornalista e escritor Ramón Vilar Landeira, natural de Cerceda, ven de acadar o premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela na súa vixésima edición.
O galardón, concedido pola Fundación de exposicións e congresos da Estrada, recoñece unha serie de tres artigos –A vez que me bicaron nunha cabina electoral, As volutas de fume dos habanos e Aquel lume que lles ardía nos ollos– publicados na sección Fóra de cobertura de La Voz de Galicia, na edición de Carballo. O xurado valorou «a frescura, a fluidez e o estilo narrativo que mantén a atención do lector ó longo dos artigos»
Ramón Vilar foi xornalista e columnista en varios xornais e director da revista Vieiros na súa derradeira etapa. Como escritor, obtivo o premio de poesía Rosalía de Castro de Cornellà e o premio Valle-Inclán de relato curto no 2006 coa obra Arrítmicos eran os corazóns. O ano pasado publicou na editorial Xerais a novela Os televisores estrábicos.
A entrega do premio -dotado con 1.000 euros- será o día 25 ás 19:00 horas no recinto da Feira do Moble, nun acto presentado polo presidente da Real Academia de Ciencias de Galicia, Miguel Ángel Ríos.
Antonio Tizón: “O libro é unha mistura de amor, loucura e morte, autobiográfica e en tono de novela negra”
Celeiro (Viveiro): Océano para terrícolas, performance interactiva de Xurxo Souto sobre Contos do Mar de Irlanda
O xoves 17 de setembro, ás 20:30 horas, no Centro Sociocultural A Casa do Forno de Celeiro (Viveiro), o colectivo Chilindrín Penalba presenta Océano para terrícolas, performance interactiva de Xurxo Souto sobre o libro Contos do Mar de Irlanda, publicado en Xerais. O acto será presentado por Bernardo Fraga.
Lugo: presentación de A antesala luminosa, de Antonio Tizón
O
xoves 17 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, terá lugar a presentación da novela A antesala luminosa, de Antonio Tizón, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Ángel Vaqueiro, Manuel Fernández Prado e Manuel Bragado.
Manuel Rivas: “Este libro intenta ser unha interpretación da linguaxe da terra”
Desde
Xerais:
“A emisora Radio Voz entrevistou a Manuel Rivas no programa Voces de Bergantiños para falar do seu poemario A boca da terra. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Tabela dos Libros de setembro de 2015, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Un curso máis, comeza a andaina da Tabela dos Libros. figuran seleccionados os volumes que Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”



