Crónica videográfica da I Gala do Libro Galego (II)

O GalaDoLibroGalego2016sábado 14 de maio, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, tivo lugar a I Gala do Libro Galego, convocada conxuntamente pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:
– Entrega do Premio na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil (recolle María Solar):

– Entrega do Premio na categoría de Iniciativa bibliográfica (recolle Antonio García Teijeiro):

– Entrega do Premio na categoría de Iniciativa cultural ou de fomento da lectura (recolle Beatriz Núñez):

Entrevista a Xosé Monteagudo, autor da novela Todo canto fomos

DesdeXosé Monteagudo o Diario Cultural da Radio Galega:
“Entrevista a Xosé Monteagudo, que acaba de publicar a novela Todo canto fomos. O escritor afirma que “a vía de emancipación individual, persoal e mais a vía de emancipacion social é a cultura”. A entrevista pode escoitarse aquí.”

Entrevista a Xosé Monteagudo sobre Todo canto fomos

DesdeXosé Monteagudo o Zig-zag da Televisión de Galicia:
Xosé Monteagudo fala de Todo canto fomos. A súa última novela percorre máis dun século de historia galega para devolvernos o relato dun pasado que segue a alentar o presente. O libro contén historias que dialogan entre si e desenvolve unha trama en que a normalidade é só a aparencia baixo a que se ocultan misterios inquietantes. A entrevista pode verse aquí.”

Redondela: actos destacados na Feira do Libro para o xoves 16

O Feira do Libro de Redondela 2016xoves 16 de xuño comeza a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

19:30 h. Pregón a cargo da escritora María Xosé Queizán.
20:30 h. Charla-coloquio ao redor dos libros de María Xosé Queizán Son noxento, editado por Xerais, e A boneca de Blanco Amor, editado por Galaxia. Participa no acto, xunto á autora, Manuela Pena.

O venres 17, ás 19:00 horas, preséntanse as obras gañadoras do XXVI Certame de Relatos Curtos Os Viadutos.

A Asociación Galega de Editoras participa en Valencia no Encontro Galeusca

AlogoAGE1 Asociación Galega de Editoras estará presente na vindeira edición do encontro bianual Galeusca que terá lugar na Aula Capitular do Centre del Carme, Valencia. Esta cita, que se celebrará o xoves e venres, días 16 e 17 de xuño, reunirá a editores vascos, cataláns, valenciáns e galegos entorno a cinco sesións de traballo nas que se abordarán distintos aspectos relacionados co mundo do libro e a lectura.
Henrique Alvarellos, de Alvarellos Editora, será o encargado de afondar nos casos de acertos e fracaso na colaboración entre editoriais. Pola súa banda, Francisco Castro, da Editorial Galaxia, falará sobre promoción da lectura na segunda e derradeira xornada. Completará a representación galega no Galeusca Xosé Ballesteros, Presidente da AGE. Xuntos redactarán e aprobarán as conclusións dunhas xornadas nas que tamén se abordarán outros temas como o préstamo dixital bibliotecario ou as entidades de xestión de dereitos.

Gañadoras/es dos Premios Frei Martín Sarmiento 2016

DesdeFrei Martín Sarmiento a Xunta de Galicia:
Premio Frei Martín Sarmiento
Na categoría de 1º e 2º de educación primaria, o Premio Frei Martín Sarmiento recaeu este ano na escritora Paula Carballeira, pola súa obra A Burra Ramona; na categoría de 3º e 4º de primaria, o gañador foi Xavier Frías, por As aventuras de Enrico Müller; na de 5º e 6º de primaria, Xavier Estévez, por Todos os soños; Santiago Jaureguízar fíxose co galardón na categoría de 1º e 2º de ESO por O veleno da risa e Agustín Fernández Paz, con A neve interminable, obtivo o de 3º e 4º de ESO. Na categoría de bacharelato e adultos, gañou o premio Francisco Castro, con Tes ata as dez.”