Entrevista
de Xesús Fraga a Miguel Anxo Fernández en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Nesta novela [Un dente sen cadáver] conflúen na trama dende a especulación urbanística á explotación de mulleres…
– Miguel Anxo Fernández (MAF): A actualidade soe marcar as tramas na procura da complicidade dos lectores, aínda que tamén evito a retórica. Intento ofrecer lecturas parellas de temas que ao tempo asoman o lado escuro da condición humana. Por desgraza a especulación mantense viva, como a violencia contra as mulleres e a súa explotación.
– LVG: A novela negra pode ser pura, paródica, para recrear un personaxe ou esculcar nos males da sociedade. ¿Cal destes factores ou outros pesan máis na serie?
– MAF: Teño moi claro que fuxo de poñer a Frank Soutelo nun púlpito para arengar ao lector con simplezas. Quédome co que teña de puro un fulano que arremete contra o peor da sociedade pero á súa maneira, mesmo saltándose as normas e ás veces entre certa confusión moral. Pero tampouco renuncio ao humor. Polas veas de Soutelo flúe retranca galega e procuro rodealo de tipos que dean un certo xogo divertido, caso do funerario de Los Ángeles, Sugar Jones, e o propio Poncio, taberneiro en Muros.
– LVG: Tres casos en Estados Unidos e outros tres en Galicia. ¿Soutelo é o que agora se denomina un emigrante transnacional?
– MAF: O seu pai foi garda de asalto na República e houbo de fuxir para rematar en Nova York, pero era amigo do gaiteiro de Soutelo, Avelino Cachafeiro; era un tipo comprometido coa cultura propia. Iso pasoullo a Frank, non así á súa irmá? Os seus casos norteamericanos teñen un ton máis de xénero, máis apegado ao cine: alí vai de tipo solitario co único apoio da súa secretaria, Pat Pérez, neta dun fragueiro lugués forrado en Oklahoma. Pero aquí atópase con amigos cos que intima, ten familia que o acolle, e iso cambia a súa perspectiva. Gusta de Galicia e viaxa moito por ela, aínda que por veces cústalle entendela. Temos menos habitantes que Los Ángeles; non chegamos ao 10 % da extensión de California. Outro tanto coa paisaxe, coa xente, e mesmo coa criminalidade. Hai un toque diferencial a salientar. (…)”
Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Xosé Monteagudo: “O obxectivo do réxime franquista era acabar con todas as persoas que pensasen diferente”
Entrevista
a Xosé Monteagudo en Praza:
“(…) – Praza (P): Convertes a Castelao ou Bóveda en personaxes da novela [Todo canto fomos]. Podías optar por facelo ou non.
– Xosé Monteagudo (XM): Si, pero ao ser Pontevedra nos anos 20-30 un dos principais escenarios da novela, é normal que teñan relación co movemento social, cultural e político dese tempo. Era necesario que os personaxes participasen desa realidade. Ademais, parecíame unha historia moi atractiva, moi interesante para tratar na novela. Por outra banda, temos moita información histórica, política… pero non se tratou tanto como eran as relacións persoais nese ambiente galeguista, a vida cotiá por exemplo nos parladoiros dos cafés… Deuse, incluso, unha casualidade, que é que o meu libro saíu no 2016 e Castelao chegou a Pontevedra no 1916. E foi unha persoa determinante na vida social e cultural de Pontevedra.
– P: Alén da ideoloxía, o que define a uns personaxes e outros é a súa relación co poder. A submisión, ou a conformidade e o silencio, ou a rebeldía, para non deixar de ser quen se é.
– XM: É que ao contar a historia duns personaxes no século XX, o que estou a contar é a historia de como o poder reprimiu a liberdade de todos, de como unhas persoas se adaptaron á situación e outras reaccionaron. Uns aceptan a situación e a cambio teñen tranquilidade e benestar material. Outros non están dispostos a vivir segundo unhas ideas que non son as deles.
– P: Polo personaxe de Carlota sabemos que o machismo e a ignorancia ás que ela se enfrontou viñan de moito antes do franquismo. Só que este as promoveu.
– XM: Claro, é que a desigualdade vén de séculos atrás. E esa mentalidade de sometemento da muller ao home estaba moi arraigada e era asumida pola maioría das mulleres porque non coñeceran outra cousa. Ademais, esa mentalidade de sometemento das mulleres ao poder masculino, mediatizada polo poder político e social, era máis forte no rural. Era un tempo de estratificación social moi definida, de clases sociais moi marcadas, nas que os de abaixo non podían aspirar a ascender socialmente. As mulleres sufrían dobre discriminación, de clase e por ser mulleres. Carlota representa, na súa contorna, a primeira xanela a outra realidade que poden ver as mulleres ás que dá clase. E iso remove toda a configuración social da contorna, porque naquel momento era revolucionario que unha muller pensase por si mesma. (…)”
Bueu: presentación de Amor é unha palabra coma outra calquera, de Francisco Castro
Compostela: presentación de Aqueles días en que eramos malas, de Inma López Silva
Booktrailer de Aqueles días en que eramos malas, de Inma López Silva
Vigo: actos destacados na Feira do Libro para o mércores 6
O
mércores 6 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:00 h. Presentación de Mäelstrom, Mäelstrom, de Manuel Sánchez Gálvez, publicado por Galaxia. Intervirán o autor e o editor Francisco Castro.
– 19:00 h. Manrique Fernández asina exemplares de Tres feridas, publicada por Belagua, na caseta da Libraría Librouro.
– 19:45 h. Presentación de Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos, publicado por Galaxia. Participan, xunto ao autor, Alfonso Cabaleiro e Víctor F. Freixanes.
– 20:30 h. Presentación de Contos nerviosos, de Fran Alonso, publicado por Edicións Embora. No acto, o autor manterá unha conversa coa xornalista Teresa Cuíñas, sendo acompañados polo editor Miguel Toval.
Vigo: actos destacados na Feira do Libro para o martes 5
O
martes 5 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 18:30 h. Luís Davila asina exemplares de O Bichero, na caseta da Libraría Librouro.
– 19:00 h. Presentación do álbum-disco Oviravai, publicado por Galaxia. Intervirán Verónica Santalices, Federico Welicki e Francisco Castro.
– 19:45 h. Presentación do libro Camilo Nogueira. Pensar Galicia. Pensar o mundo, publicado por Galaxia. Intervirán tamén Fernando Randulfe, Ana Gandón e Víctor F. Freixanes.
– 20:00 h. Ledicia Costas asinará exemplares das súas obras na caseta da secretaría da feira.
– 20:30 h.: Presentación de Galería de saldos, de Diego Giráldez, publicado por Xerais. Participan, xunto ao autor, Deborah Vukusic e Fran Alonso.
Booktrailer de Celia Parra sobre A boca do monte, de Celia Díaz
Vigo: actos destacados na Feira do Libro para o luns 4
O
luns 4 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:00 h. Presentación de Raiolas de sol, de Antonio García Teijeiro, publicado por Galaxia. Intervén, xunto ao autor, Francisco Castro.
– 19:45 h. Presentación de Aqueles días en que eramos malas, de Inma López Silva, publicada por Galaxia. No acto, xunto á autora, interveñen María Xosé Porteiro e Víctor Freixanes.
– 20:00 h. Alberte Momán asina exemplares de Bosquexos para unha distopía, publicado por Redelibros, na caseta da Libraría Cartabón.
– 20:00 h. Sinatura de Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, publicado por Xerais, na caseta da secretaría da feira.
– 20:30 h. Presentación de A dúbida, de María Reimóndez, publicado por Xerais, con Gema Zunzunegui e Manuel Bragado.
Ribadeo: actos destacados na Feira do Libro para o sábado 2 e domingo 3
O
domingo 3 finaliza a III Feira do Libro de Ribadeo (no Parque de San Francisco), organizada polo Concello de Ribadeo, cos seguintes actos literarios destacados para estes dous días:
Sábado 2
– 13:00 h. Vermú literario con Francisco Castro arredor da súa novela Amor é unha palabra coma outra calquera, publicada en Galaxia.
– 19:30 h. Sinatura de Tempos de norte, con Mónica Justo e Roberto Martínez.
Domingo 3
– 12:30 h. Presentación de Novas lambetadas dunha larpeira feliz, de Merchi Rodal.
– 13:15 h. Conversa interxeracional con María Canosa: Dos Druídas ao DisParo.
– 18:30 h. Presentación de Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos, publicado por Galaxia.
– 19:15 h. Vicente Araguas presenta Manuel María: un home de mil pezas, publicado por Embora.
– 20:15 h. Presentación de As Catedrais: portas do misterio, de Xosé Otero Canto. Concellaría de Cultura de Ribadeo.

