O
venres 19 de agosto, ás 20:30 h., no Auditorio de Soutelo de Montes, preséntanse os libros Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia, e O bestiario máxico do abade Eliseo e outras narracións insólitas, de Francisco Rozados, Rochi. No acto, no que o autor estará acompañado por David Raposeiras Correa e Xosé Luna Sanmartín, haberá tamén unha actuación musical a cargo do dúo de guitarra e voz Andrea e Xavi.
Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
‘Cinema e poesía de Canadá en galego’
Desde Galicia Confidencial: “En outubro de 2007, Galaxia introducía na Literatura galega unha nova voz, a da canadense Erín Moure (Calgari, Alberta, 1955), unha das autoras centrais da poesía contemporánea daquel país, unha políglota que se atreveu a publicar poemarios bilingües en inglés e en galego, o idioma do seu bisavó, natural de Crecente (Pontevedra). No 2005, Moure presentou o seu poemario Little Theatres, premiado co A. M. Klein Prize da Federación de Escritores de Québec e finalista do prestixioso Griffin Poetry Prize. Traducido ao galego por María Reimóndez e publicado por Galaxia co título Teatriños ou aturuxos calados, neste libro atopamos o poema Homenaxe ao mineral do repolo, texto que inspirou a curtametraxe en stop-motion da tamén canadense Stephanie Dudley (…)”
Muros: presentación de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández
O
mércores 17 de agosto, ás 20:00 horas, na antiga fábrica de sel, en Porteliña, s/n., Muros, preséntase Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia. No acto participan, acompañando ao autor, Noelia Mancebo, Rosario Fernández Piñeiro e Eduardo Galán.
Viveiro: actividade máis destacada do martes 16 na Feira do Libro
Remata
a 15º Feira do Libro de Viveiro, que se celebra nos Xardíns Noriega Varela até o martes 16 de agosto, con horarios de 12:00 a 14:00 h. polas mañás e de 18:00 a 22:00 h. polas tardes.
A actividade máis destacada deste último día é a seguinte:
– 20:30 h. Presentación do libro A vida fóra, de Miguel Sande, publicado en Galaxia. Xunto ao autor participa no acto Carlos Nuevo.
Cee: presentación de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández
O
xoves 11 de agosto, ás 19:00 h., dentro da Feira do Libro de Cee, preséntase a novela Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, publicada en Galaxia. No acto, o autor estará acompañado por Noelia Mancebo e Marcela Riera.
A Coruña: actividades do martes 9 na Feira do Libro
Estas
son as actividades máis destacadas do martes 9 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro da Coruña, nos Xardíns de Méndez Núñez, aberta até o 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h., e de 18:00 a 22:00 horas:
– 19:00 h. Francisco X. Fernández Naval presenta o seu libro de poesía, en edición bilingüe (galego e castelán) Golpear de sombras, publicado pola editorial Huerga y Fierro. Xunto co autor, participarán no acto a poeta Eva Veiga e a profesora e traductora Teresa Seara.
– 20:00 h. Presentación de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia, coa participación, acompañando ao autor, de Víctor F. Freixanes e Ángel de la Cruz.
Barreiros: presentación de A vida fóra, de Miguel Sande
O
sábado 6 de agosto, ás 21:00 horas, no Museo Eido Dourado (Praia da Pasada, San Miguel de Reinante, Barreiros), preséntase o libro A vida fóra, de Miguel Sande, publicado en Galaxia. No acto terá lugar unha actuación dos músicos de Kepa Junkera.
A Coruña: actividades do xoves 4 na Feira do Libro
Estas
son as actividades máis destacadas previstas para o xoves 4 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro da Coruña, ubicada, como cada ano, nos Xardíns de Méndez Núñez, e que permanecerá aberta até o 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h., e de 18:00 a 22:00 horas:
– 18:30 h. Presentación da obra gañadora no Premio Barriga Verde 2010, para textos dirixidos para monicreques (modalidade infantil), titulada Fábula galénica, obra de Inacio, escritor, director e fundador da compañía de monicreques Fantoches Baj, que, ao tempo, fará unha lectura narrada da súa obra para os máis pequenos.
– 19:00 h. Carlos Vázquez Padín asinará exemplares do seu libro Galeguismo e liberdade. Propostas para o século XXI, publicado por 2.0 Editora, na colección Supertextos.
– 19:30 h. Presentación da novela Noah Barleywater escapa da casa, de John Boyne, publicada por Faktoría K. Participará no acto o tradutor do libro, Carlos Acevedo, e un representante da editorial.
– 20:30 h. Galaxia presenta o libro Cociñando ao pé da letra. Participarán no acto Yolanda Castaño, Andrea Costas, coordinadoras do mesmo, Víctor F. Freixanes, en representación da editorial, e dous escritores que cociñan no libro: Xabier P. DoCampo e Lucía Aldao.
– 21:00 h. Miguel Sande asinará exemplares do seu libro A vida fóra, publicado en Galaxia.
A Coruña: actividades do martes 2 na Feira do Libro
Estas
son as actividades máis destacadas dentro das previstas para o martes 2 de agosto na 40º edición da Feira do Libro da Coruña, aberta nos Xardíns de Méndez Núñez até o 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h., e de 18:00 a 22:00 horas:
– 19:00 h. O escritor Francisco Castro presentará o seu libro In vino veritas, publicado por Galaxia. Xunto co autor, participan no acto Víctor F. Freixanes e Mercedes Queixas.
– 20:00 h. Conversa con Agustín Fernández Paz, Óscar Sánchez e Iago Martínez arredor da novela Non hai noite tan longa, publicada en Xerais.
– 20:30 h. O ilustrador David Pintor e o autor Carlos López (Pinto e Chinto), asinarán exemplares das súas obras.
Entrevista con Antonio Piñeiro, recente gañador do Premio García Barros
Entrevista
con Antonio Piñeiro, recente gañador, con As fiandeiras, do Premio García Barros, en Galaxia:
“- Galaxia: ¿Qué nos contas en As fiandeiras, recente premio Manuel García Barros?
– Antonio Piñeiro: O asunto toca un deses recónditos acontecementos nos que a Historia soe esconder o seu caleidoscopio de emocións, fervenzas humanas e razóns do que vimos ser. Na Estrada, no contexto convulso das insurreccións cantonais de finais do século XIX, ten lugar un triángulo afectivo arredor do cal se desenvolve unha trama con certo tinte inquisitorial. Trátase de volver someter a unhas mulleres (fiandeiras) que cometen o impensable acto de tirar para diante por si mesmas, molestando os intereses dunha importante industria e do sistema. O paralelismo co momento insurreccional é evidente, así como tamén o é o xogo literario co mito de Aracné: a tecedora que se rebela contra Minerva, e cuxa historia reflicte o cadro de Velazquez. (…)”