María López Sández asume a dirección da revista Grial

Desde Galaxia:
María López Sández é a nova directora da revista Grial. O seu nomeamento fíxose público o xoves 5 de febreiro, coincidindo coa presentación do número 248 da publicación, celebrada na libraría Couceiro, en Santiago de Compostela.
No acto participaron, xunto coa nova directora de Grial, Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega; Llerena Perozo e Víctor F. Freixanes, coordinadores do Foro Comunicación e novas tecnoloxías; e Xosé M. Soutullo, director de Editorial Galaxia, que agradeceu a Monteagudo os anos de intensa relación con Grial, desde que en 1989 formou parte do Consello de redacción e, sobre todo, as etapas de codirector con Víctor F. Freixanes (2003-2019), e director (2020-2025). (…)”

Adrián Noia: “‘Pontealbar’ nace dunha lenda situada nesta aldea de Trazo”

Entrevista a Adrián Noia no Zig-zag da Televisión de Galicia:
Pontealbar foi publicada por Editorial Galaxia e é a súa terceira novela, unha historia fantástica e de aventuras con personaxes mitolóxicos. A historia parte dunha lenda da aldea de Pontealbar, en Trazo, que recollía Leandro Carré en Las leyendas tradicionales gallegas. Adrián Noia tamén gañou a novena edición dos Premios SELIC de Creación Literaria 2025 pola súa obra O silencio non arrola. A entrevista pode verse aquí.”

Vigo: presentación de Xaime Isla Couto. Entre o Galiza ceibe e o Venceremos nós. Os feitos acaecidos na misa de Rosalía de 1969, de Marcelino Agís Villaverde