Arquivos da etiqueta: Eva Veiga
Ferrol: concerto-presentación de Grus Art
Noia: concerto presentación de Grus Art, do Grupo Ouriol (con Eva Veiga)
A Coruña: actividades literarias destacadas do luns 10
O luns 10 de agosto finaliza a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:00 h. Presentación de Semente galega en América, de Xosé Neira Vilas, publicado por Bolanda.
– 20:00 h. Presentación de Relatos americanos, de láminas de Misha Bies Golas, co grupo Ataque Escampe.
– 21:00 h. Presentación de A cicatriz branca, de Margarita Ledo Andión, publicado en Galaxia. Participan, xunto á autora, Eva Veiga e Víctor F. Freixanes.
Entrevista a Eva Veiga no Diario Cultural
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Eva Veiga fala do libro Silencio percutido co que gañou o premio Cidade de Ourense de Poesía. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Cabo de Cruz, Boiro: recital poético-musical Amor ao Mar, co Grupo Ouriol e presentación de Veredevere, de Guilherme e Bastardo
Ferrol: presentación de Inventario do prohibido, de Luz Campello
Eva Veiga gaña o Premio de Poesía Cidade de Ourense coa obra Silencio percutido
“O Premio de Poesía Cidade de Ourense xa ten obra gañadora. Trátase de Silencio percutido, escrito por Eva Veiga Torre. O xurado chegou a esta conclusión tras unha ampla deliberación, dando conta dos corenta e seis exemplares presentados nesta edición.
O xurado chegou a esa determinación por unanimidade, tras valorar a intensidade dun discurso lírico que incorpora, dentro dunha “poética do silencio”, matices de fonda reflexión e sensorialidade, mantendo en todo momento un exercicio de linguaxe e depuración expresiva. Nesta trixésima primeira edición participaron como xurado: Irene Veiga Durán, Miguel Anxo Fernán-Vello, Edelmiro Vázquez Naval, Rochi Nóvoa e Xavier Rodríguez Baixeras -como gañador da edición anterior-. A técnica de normalización lingüística do Concello de Ourense Mónica Fernández Valencia, actuou como secretaria e o concelleiro de Cultura, Francisco González Bouzán, foi o presidente do xurado.”
Crónica videográfica da Gala das Letras e a entrega dos Premios AELG 2015 (III)
Dentro da Gala das Letras que tivo lugar o sábado 9 de maio no Círculo de las Artes do Concello de Lugo, déronse a coñecer as persoas e entidades gañadoras dos Premios AELG 2015.
Esta é a crónica videográfica do acto, onde se recollen as seguintes intervencións:
– Premio de Poesía.
– Premio de Literatura infanto-xuvenil.
– Premio de Xornalismo Cultural.
– Vídeo das actividades do Día de Rosalía de Castro 2015.