A Coruña: XVI Memorial de teatro Ibán Toxeiro

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que o vindeiro mércores 24 de outubro terá lugar o XVI Memorial de teatro Ibán Toxeiro. Será no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, ás 20:30 horas, con entrada gratuíta. Nesta ocasión terán lugar as seguintes actuacións:
– Grupo de teatro da A. C. Alexandre Bóveda, cun fragmento da Ópera do patacón.
– Casa Hamlet, con dúas obras: Boznia e Poe.
– Caramuxo teatro, con E de maior quero ser….
– Teatro Proscrito, con Inverno occidental.
– Entrega do V Premio Alexandre Bóveda de teatro amador Ibán Toxeiro para Manuel Lourenzo polo seu labor en Casa Hamlet.
– Todo aderezado coa música en directo de Factoría.

A Coruña: representación de Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda

O martes 27 de marzo, ás 20:30 horas, no Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, Parque Europa), da Coruña, represéntase a obra teatral Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, a cargo do grupo de teatro da Asociación Cultural Alexandre Bóveda. O prezo da entrada é de 3 euros para o público en xeral e 1,50 euros para os socios da nosa entidade, xubilados, menores de idade e parados.

A Coruña: Memorial de Teatro Ibán Toxeiro

O xoves A. C. Alexandre Bóveda24 de novembro, ás 20:30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda organiza o XV Memorial de teatro Ibán Toxeiro, coas seguintes actuacións:
– Grupo de teatro da A. C. Alexandre Bóveda coa representación de Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, de Xoán Carlos Mexuto.
– Bucanero Teatro con Kungfundidos.
– Druída danza con O anxo exterminador.
– Entrega do IV premio Alexandre Bóveda de teatro amador Ibán Toxeiro para o Grupo de teatro do Centro de maiores da Obra social de Caixa Galicia.
– Todo aderezado coa música en directo de Canta Compaña.

A Coruña: representación de Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, no Colexio Calvo Sotelo

O venres Vida, paixón e morte27 de maio, ás 20:00 horas, no Colexio Calvo Sotelo (Rúa Mr. Archer Milton Huntington) da Coruña, represéntase de Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, por parte do Grupo de Teatro da Asociación Alexandre Bóveda. Esta obra é unha adaptación teatral a cargo do director do grupo de teatro, Xoán Carlos Mejuto, da coñecida obra do mesmo nome de Xerardo Álvarez Gallego.

Faladoiro con Victorino Pérez Prieto e representación do Grupo de teatro Alexandre Bóveda

«A AC Alexandre Bóveda informa que xa está aberto o prazo de inscripción para o vindeiro Faladoiro e Farra que organiza a nosa entidade. Terá lugar o venres nove de abril no Club do Mar de Santo Amaro, a partir das 22:00 h, e nesta ocasión contará coa presenza de Victorino Pérez Prieto para falar sobre “O Movemento Cristián Galego. Unha Igrexa que existe e resiste”. É necesaria a inscrición previa no local da asociación ou no tlf: 981 200 869 en horario de tarde.

Os “faladoiros e farra”, son reunións que xuntan unha tertulia amena e cordial, introducida por algún experto na materia que se aborda, e que se celebra durante unha cea a base de petiscos e que normalmente ten como colofón algunha actuación musical espontánea. Como xa sabedes é necesario inscribirse previamente para participar na cea dos faladoiros que ten un custe de quince euros por persoa, podedes inscribirvos por tlf: 981 200 869, ou no local da asociación no horario habitual.

Por outra banda e tamén este venres 9 de abril terá lugar a representación do Grupo de teatro Alexandre Bóveda da obra Tres, tres, tres de Xoán Carlos Mexuto. Será no Forum Metropolitano do Parque Europa, ás 20:00h, con entrada de 2 € para socios, xubilados, carnet xovén e 4 € en xeral.»

Secretaría da ACAB