A Coruña: Conversas en Irmandade, arredor das Irmandades da Fala

Conversas en Irmandade A COruña

A Coruña: Fotobiografía de Xaquín Villar nos tempos d’O Facho, por Francisco A. Vidal e José Monterroso Devesa

AFrancisco Antonio Vidal terzaJosé Maria Monterroso Devesa feira 6 de outubro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, nun acto organizado pola Agrupaçom Cultural O Facho, no seu ciclo Economia, História e Ciências Sociais, Francisco A. Vidal e José Monterroso Devesa falarán sobre Fotobiografía de Xaquín Villar nos tempos d’O Facho.

A Coruña: Paseos pola Coruña Literaria, con Xurxo Souto, o 1 de novembro

Os1412870484151PaseosPolaCorunhaLiteraria-banner Paseos pola Coruña Literaria, iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co apoio e colaboración da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, consistirán nuns paseos pola Coruña da man das escritoras e escritores que escribiron obras ambientadas na cidade.
A inscrición pódese realizar xa na Conserxaría do Centro Ágora ou chamando ao 981 189 888. Hai un total de 30 prazas por paseo, para maiores de 16 anos.

O primeiro paseo terá lugar o sábado 1 de novembro, de 12:00 a 13:30 horas:
Xurxo Souto1 de novembro. TRAS DAS PEGADAS DO ANTIGO GREMIO DE MAREANTES.
Durante moitos séculos, o Gremio de Mareantes foi a agrupación profesional máis importante da Coruña. Propoñemos un paseo dende a Pescadería ata a Cidade Vella, en busca das súas pegadas. Un percorrido ilustrado con citas de diferentes autores que escribiron sobre A Coruña e o Mar: Avilés de Taramancos, Luísa Villalta, José Maria Monterroso Devesa, Álvaro Cunqueiro, Manuel María ou Miguel González Garcés.
Partiremos do atrio da súa antiga igrexa, o Pórtico de San Andrés, para intentar descubrir elementos arquitectónicos que –de tan cotiáns- resultan invisibles: arquivoltas cheas de peixe, a última “casa do remo”, o baixo-relevo do mariñeiro tocado con barretina…, ata chegar á “croa da Cruña”, a igrexa de Santa María del Campo, predio dun antigo cemiterio de xente do mar.
A comezos do século XVI, integraban o Gremio de Mareantes máis de 600 confrades, coas súas respectivas familias. A súa igrexa deulle nome á rúa máis importante da Pescadería: San Andrés. E o día do patrón, corenta mariñeiros mozos alí bailaban unha danza na súa honra. En 1589, o corsario Drake queimou a súa igrexa e hospital. Neste incendio perdéronse tamén documentos, privilexios e ordenanzas, e con eles a propia memoria da importancia do gremio. Afortunadamente, nos últimos anos do pasado século, o historiador Santiago Daviña foi capaz de recuperar parte deste gran arquivo.
Tras as pegadas do Antigo Gremio de Mareantes. Viaxe iniciática cara ás propias orixes da cidade, “ese libro que se le camiñando”. (Agustín Fernández Paz). Medre o mar!

Os seguintes Paseos serán:
Inma López Silva8 de novembro.
Xavier Seoane15 de novembro.

PaseosPolaCorunhaLiteraria

A Coruña: conferencia sobre Os nosos apelidos galego-portugueses, de José-Maria Monterroso Devesa

O venres 29 de outubro, a partir das 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, e dentro do ciclo Lingua, Literatura e Nación da A. C. O Facho, José-Maria Monterroso Devesa falará sobre Os nosos apelidos galego-portugueses. Ten ditado conferéncias aquén e alén mar, no Brasil (con motivo do irmanamento Coruña-Recife), no Uruguai, na Arxentina (Buenos Aires, La Plata, Rosario) e en Santiago de Chile nas últimas décadas acerca da matéria xenealóxica e onomástica (froito dos seus estudos sobre antepasados galegos de familias rioplatenses e máis centrándose nos apelidos galaico-portugueses espallados polo mundo).

A Coruña: Gala XXV aniversario da Xeración de amor e desamor

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que este xoves 17 de decembro terá lugar a celebración da Gala XXV aniversario da Xeración de amor e desamor. Na mesma terá lugar a intervención poética de diversos integrantes desta xeración como Lino Braxe, Manuel Rivas, Miguel Mato, José Devesa, Miguel Anxo Fernán Vello, Xulio L. Valcarcel ou Xavier Seoane. O acto será presentado por Consuelo Bautista e durante o mesmo presentarase un libro e cd homenaxe a esta xeración poética. Será no teatro Rosalía de Castro, ás 20:30 h. con entrada gratuíta.

A Coruña: José-María Monterroso Devesa presenta a súa nova obra

Mañá xoves 28 de maio na Libraría Couceiro da Coruña (na Praza do Libro) terá lugar a presentación do libro Mil e pico de nomes galegos do Uruguai de José-María Monterroso Devesa. O acto estará conducido polo profesor Luís Pérez e comezará ás 20:30.