Arquivos da etiqueta: Juan Tallón
Juan Tallón pecha unha etapa literaria con Fin de poema
Entrevista a Juan Tallón en Sermos Galiza:
“(…) “Con A pregunta perfecta e Fin de poema nalgunha medida entendo que pecho unha etapa na que a literatura é material narrativo da miña propia literatura. Acontece isto polo interese que teño por descubrir o meu propio traballo como escritor. Os outros sérvenme para traballar comigo mais se non pechei, si entornei esta etapa” explica, despois de poñer en literatura O caso Aira-Bolaño e aventurarse agora con catro poetas que son, ao tempo, catro mitos da nosa contemporaneidade.
Confesa que escribe o que lle fai feliz e adéntrase así no seu imaxinario literario, nas figuras de poetas que buscaron unha morte tráxica cando o fin da poesía era un feito. Se algo une a Cesare Pavese, Anne Sexton, Gabriel Ferrater e Alejandra Pizarnik é a poesía e o suicidio e son estes os dous elementos cos que Tallón constrúe a obra que lle valeu o premio Lueiro Rey de novela curta na súa recente edición. Non é a primeira vez que o autor visita a historia literaria para o seu traballo creativo. Aconteceu xa en A pregunta perfecta. (O caso Aira-Bolaño) e regresa de novo nese El váter de Onetti, o seu primeiro libro publicado en español, aínda que o autor quere explicar que o orixinal está escrito en galego e ao non ser publicado adiantouse a tradución en Edhasa. (…)”
Santiago: presentación de Fin de poema, de Juan Tallón
Juan Tallón presenta a novela coa que gañou o premio Lueiro Rey
César Aira publica a súa novela Festival en galego antes que en calquera lingua
Por expreso desexo do seu autor, o arxentino César Aira, edítase en galego antes que en calquera outra lingua a primeira edición da súa última novela, Festival, en tradución de Juan Tallón, na Editorial Trifolium.
Convocado o XX Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey
O Concello do Grove convoca a XX edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, galardón literario convocado desde 1992, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra. O obxectivo da convocatoria é honrar a vida e obra do escritor e xornalista e, asemade, coadxuvar na promoción da escrita en galego e na divulgación dos seus autores, a través dun convenio coa editorial Sotelo Blanco. O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra gañadora pola editorial Sotelo Blanco.
Poderá concorrer ao premio calquera persoa física que presente o seu texto en lingua galega. As bases, que se poden consultar na páxina web do Concello do Grove, establecen o prazo límite de presentación dos traballos o 15 de agosto.
Os textos han ter unha extensión mínima de cincuenta páxinas e máxima de cen, en folio din A4, de dou mil cincocentos caracteres cada páxina, aproximadamente, espazamento entre liñas de 1,5 e as follas deberán de estar paxinadas.
O xurado estará composto por cinco persoas especialistas en literatura. Un deles será o gañador da edición anterior do premio, que é Juan Tallón pola obra Fin do poema, dúas persoas nomeadas polo Concello do Grove, e os dous restantes participarán en representación de Sotelo Blanco Edicións. O premio é único e outorgarase por maioría simple dos votos.
Juan Tallón, Premio Lueiro Rey de Novela Curta 2012
Desde o blogue de Francisco Martínez Bouzas, Novenoites:
“O xornalista e narrador ourensán Juan Tallón (Vilardevós, 1975) obtivo o sábado 24 de novembro o Premio Lueiro Rey de Novela Curta, na súa XIX edición, que convoca e organiza o Concello do Grove coa colaboración da Editorial Sotelo Blanco de Santiago de Composta. A novela de Juan Tallón, Fin de poema, foi galardoada por unanimidade dos membros do xurado presidido por Manuel Quintáns en formado por Ánxela Gracián, Armando Requeixo, Mario Regueira e quen asina isto. (…) O xurado valorou por unanimidade o gran valor literario desta aposta narrativa que sairá á luz no vindeiro mes de xaneiro, editada por Sotelo Blanco Edicións, e que supera de xeito incuestionable o intranscendente, o sentimental, o comercial e as puras lambetadas narrativas.”
Ourense: presentación de A pregunta perfecta, de Juan Tallón
O mércores 23 de febreiro, a partir das 20:15 h., na Livraria Torga (Rúa da Paz, 12, baixo) de Ourense, preséntase A pregunta perfecta, de Juan Tallón, publicado en Sotelo Blanco Edicións. finalista do Premio Lueiro Rey de novela curta do 2010. No acto o autor estará acompañado por Carmen Pereiras e Ánxela Gracián.
Juan Tallón traba en A pregunta perfecta un “diálogo coa literatura”
Sotelo Blanco publica as obras premiadas no Premio Manuel Lueiro Rey de novela curta do 2010
A Editorial Sotelo
Blanco publica os libros premiados na edición do 2010 do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey: As horas rotas, de Chelo Suárez Muíños, e A pregunta perfecta (O caso Aira-Bolaño), de Juan Tallón, finalista do Premio.