Desde
o Zigzag da Televisión de Galicia:
“Na biblioteca Ánxel Casal, a partir das seis e media, comeza a festa para celebrar o Día internacional do Libro Infantil. Pero, de feito, xa esta mañá noutra biblioteca, na Antonio Odriozola de Pontevedra, arrancaba a xornada coa lectura do manifesto da IBBY. Un manifesto co lema: ‘Os libros fan grande o máis pequeno’. Así que, tal día coma hoxe pareceunos boa idea convidar unha das autoras máis lidas e premiadas da literatura infantil galega. Ledicia Costas. A entrevista pode verse aquí.”
Arquivos da etiqueta: Ledicia Costas
Compostela: Semana da novela negra, do 6 ao 15 de abril
Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro, Vigueses Distinguidos
Artigo
de
Manuel Bragado en Faro de Vigo:
“O nomeamento de Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro como Vigueses Distinguidos constitúe para eles como poetas e narradores vigueses unha merecida honra da corporación do seu concello, que moito orgulla a Vigo na celebración da Reconquista 2018. Galardoados co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil outorgado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, o maior recoñecemento que pode recibir unha obra publicada, Ledicia Costas en 2015 por Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais 2014), e Antonio García Teijeiro en 2017 por Poemar o mar (Xerais 2016), este primeiro agarimo da cidade onde naceron e na que escriben e publican a súa obra literaria supón, probablemente, para eles un emocionante exercicio de xustiza poética. Xaora, esta distinción constitúe ademais a constatación do éxito colectivo de todas as participantes nos proxectos da literatura infantil e xuvenil e do fomento da lectura en lingua galega, tantas veces agochados ou inxustamente minusvalorados, a pesar de constituír un exemplo da achega formidable da diversidade acuñada polas minorías, en todo caso fantasías realizables das que Ledicia e Antonio son activistas e destacados promotores. (…)”
Ledicia Costas: “A inspiración non me vén, eu vou buscala”
Ledicia Costas no Encontro Internacional De Verne a Vigo
A
sexta feira 16 de febreiro, ás 12:00 horas, no Auditorio Municipal de Vigo, dentro das actividades do Encontro Internacional De Verne a Vigo, Ledicia Costas falará sobre A vida secreta de Verne en Vigo. (Desde Fervenzas Literarias).
Ledicia Costas: “Os certames literarios son un motor que alenta a creación nos rapaces”
“A autora viguesa que escribe libros en 34 días”
Vídeo da presentación de Tempo transfigurado, de Cesáreo Sánchez Iglesias, en Vigo
Vigo: conversa con Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro
Marín: conversa de Elena Gallego Abad con Ledicia Costas
O
venres
19 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Ateneo Santa Cecilia de Marín (Rúa do Forno, 42), Elena Gallego Abad conversará con Ledicia Costas sobre a súa obra.





