O
xoves 21 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, preséntase Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga, publicada en Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Xavier Senín.
Arquivos da etiqueta: Libraría Pedreira
Compostela: presentación de A nobreza miñota e a lírica trobadoresca na Galicia, de Henrique Monteagudo
Literarte: recoñecementos brasileiros á cultura galega
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Literarte é unha asociación internacional de escritores e artistas que posúe sede oficial en Cabo Frio, no estado de Rio de Janeiro. Representada por Mauro Jorge Silva e Sousa, conselleiro da asociación, e mais por Isabelle Valladares, presidenta da mesma, Literarte articulou un desembarco europeo onde contemplan a realización dunha serie de actos que están xa a desenvolver en Lisboa e proximamente no Porto, Viana do Castelo e Frankfurt.
Neste percorrido, o vindeiro venres día 10 de outubro celebrarán unha “tomada de posse”, que acollerá o Hostal dos Reis Católicos, ás 20:30 h., no que a entidade dará a coñecer as súas actividades e propósitos ademais de recoñecer diversas achegas á cultura galega realizadas tanto por algunhas institucións, plataformas ou empresas culturais como por un grupo de diverso de persoas que traballan en ámbitos como a creación literaria, o activismo social, a edición, a música, as artes plásticas, a divulgación ou a comunicación, como son Uxía, Leandro Lamas, David Pintor, a Academia Galega da Língua Portuguesa, Teresa Moure, María Reimóndez, a Livraria Ciranda, Manuel Bragado, Ramón Nicolás, Carme Vidal, A Sega, o sección de Cultura de El Correo Galego, a Libraria Pedreira, a Real Academia Galega, Guadi Galego e Clave de Fado. (…)
Compostela: obradoiro de creación literaria da A. C. O Galo
Compostela: presentación de Da natureza de escritores, artistas e vermes, de José María Durán Medraño
O
xoves 2 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, preséntase Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer do traballo nun diálogo con Karl Marx, de José María Durán Medraño, premio Ramón Piñeiro, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, interveñen Manuel Fernández Pellicer, Amalia Baltar, Valentín García, Antón Baamonde e Víctor F. Freixanes.
Compostela: presentación de Dun lago escuro, de Marta Dacosta
Compostela: presentación de Epistolario diverso, de Xosé Neira Vilas
Compostela: presentación do poemario O pracer de envellecer, de Luz Fandiño
Compostela: obradoiro de creación literaria con Luz Fandiño
Compostela: presentación de Días de Cuba, de Xosé Neira Vilas
O
venres 6 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo) de Santiago de Compostela, preséntase Días de Cuba, de Xosé Neira Vilas, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Valentín García Gómez, José Antonio Solana (Cónsul Xeral de Cuba en Galicia) e Víctor F. Freixanes.





