A Coruña: presentación de Poesias Escolhidas (I). Vozes de uma Alma

AVozes dum Alma Poesiasa Escolhidas I sexta feira 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32, baixo) da Coruña, preséntase o libro de poesía Poesias Escolhidas (I). Vozes de Uma Alma. No acto, presentado por Manuel Miragaia, participan Adela Figueroa e José Estévez.

A Coruña: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto

OXurxo Souto mércores 22 de outubro, ás 20:00 horas, na Asociación Veciñal Agra do Orzán (Rúa Entrepeñas, 38, baixo) da Coruña, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. O acto, coorganizado coa Livraria Suévia, rematará cun concerto do grupo polifónico Parabéns.

A Coruña: presentación de Intensa e quente é a túa humidade azul, de Xulio Pardo de Neyra

O martes 8 de xullo, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32, baixo) da Coruña, preséntase Intensa e quente é a túa humidade azul, de Xulio Pardo de Neyra, publicada por Positivas. No acto, xunto ao autor, participan Francisco Macías e Miguel Pernas.

Presentacións de Contos Peregrinos, de Pedro Miguel Rocha

O acto do venres na Coruña terá lugar na Biblioteca do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n).

A Coruña: presentación de Contra a morte das linguas. O caso do galego, de Miguel Moreira Barbeito

O sábado 17 de maio, ás 18:00 horas, no Local Test Pop Up da Rúa Barcelona, 58, na Coruña, preséntase o libro Contra a morte das linguas. O caso do galego, de Miguel Moreira Barbeito, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Livraria Suévia, participa, xunto ao autor, Pilar García Negro.